Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Bono Coidado

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias para atender no domicilio a nenos e nenas menores de 3 anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e as responsabilidades familiares.

 

Tipo de axuda
Unha achega económica (de contía variable en función da renda per cápita da unidade familiar), para contribuír ó pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:

  • Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persoa coidadora habitual
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

 

Contía da axuda

Estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

  • Ata 3.750 euros: 14 €/hora.
  • Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
  • Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
  • Superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiario/a: 7 €/hora.

 

Persoas beneficiarias
Pais/nais, titores/as ou as persoas acolledoras de nenos e nenas menores de 3 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  • Ter un/ha neno/a nacido con posterioridade a 31/12/2013 (con respecto da anualidade 2016) ou con  posterioridade a 31/12/2014 (anualidade 2017)
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 € ou 13.500 € per cápita.
  • Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Período subvencionable: Desde o día 20 de agosto de 2016 ata o 1 de decembro de 2017. A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación correspondente e concederase un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017. Este crédito horario diminuirá proporcionalmente a partir do 1 de outubro de 2016 en función do momento de solicitude da axuda.

 

 

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2017

 

Lugar de presentación de solicitudes

 

A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a seguinte documentación:

  • Facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados onde conste expresamente o día e hora/s en que se prestou o servizo, xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento.
  • Xustificación documental da situación puntual que dá dereito á percepción da axuda: xustificante médico de enfermidade do/a neno/a, da persoa coidadora habitual ou do cónxuxe ou parella e de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade; certificado de asistencia a entrevistas de traballo ou cursos de formación; certificado da empresa acreditativo do motivo de carácter laboral que impide o coidado do/a neno/a ou declaración xurada e documentos de alta censual (modelo 036) e de alta na Seguridade Social para o caso de traballadores/as autónomos/as.

 

Máis información