Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Bono de Alugueiro Social do Plan Rehavita

BENEFICIARIOS:

  • Persoas que se atopen inmersas en situacións de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  • Vítimas de violencia de xénero que se atopen residindo nun centro de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo.
  • Persoas que fosen privadas da súa vivenda por danos sufridos nesta, derivados de circunstancias imprevisibles e sobrevidas, tales como incendios, inundacións, etc.
  • Persoas que foran beneficiarias do Programa Aluga e rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude do Programa de bono alugamento social.
  • Persoas que foran arrendatarias dunha vivenda de promoción pública e finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
  • Aquelas que por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, se lles propoña a adxudicación dunha  vivenda no marco de dito programa.
  • Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria, e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.

Non poderán ser beneficiarias deste programa:

  • Aquelas persoas que tivesen concedida esta axuda nos tres anos anteriores á data de presentación dunha nova solicitude.
  • Aquelas outras que esgotasen o período máximo de tres anos de desfrute desta axuda.

REQUISITOS:

  • Estar empadoradas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. As persoas extranxeiras, deberán posuír o permiso de residencia. No caso de vítimas de trata será suficiente acreditar que están empadroadas nun concello de Galicia e que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
  • Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral. No caso dos/das menores orfos por violencia de xénero ou vítima de trata, o contrato de arrendamento poderá ser asinado pola persoa que posúa a patria postestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da menor.
  • Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
  • Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non supere os importes sinalados no artigo 5. desta lei.
  • Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexa inferior a 1,5 veces o IPREM.
  • Que nin a persoa arrendataria nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vinculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora, nin parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grao, coa persoa arrendadora.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto, salvo, que non goce do seu uso por razóns de habitabilidade e mobilidade.
  • Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
  • Que os membros da unidade de conviencia estean ao día das obrigas triburarias  e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

CONTÍA DE CADA BONO ALUGUEIRO:

A contía é de 170€ mensuais, cunha duración dun ano que será susceptible de dúas prórrogas sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de tres anos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Ata o día 13 de decembro de 2019

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

MAIS INFORMACIÓN:

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.es)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.

Formularios da solicitude e anexos para a  súa presentación en formato papel