Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Campamentos de verán especifícos para persoas con discapacidade 2019

O programa contempla estancias de 10 días, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemetno dapropia cultura e á educación para a sáude.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2017 da D.X. de Xuventude e Voluntariado.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

 

REQUISITOS

  •     Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  •     Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  •     Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia.
  •     Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  •     Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  •     Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  •     Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

 

MODALIDADE E PREZOS:

Campamentos: Quendas integración e quendas específicas.

Prezo xeral: 125 €  | Prezo con Título de familia numerosa: 62,5€  | Prezo con Carné xove:  93,75€

 

ADXUDACACIÓN:

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:

  •     As persoas que non participaran en anos anteriores.
  •     Residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que están acollidas en centros residenciais.

No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 3 de maio de 2019, incluído.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Teléfono Social gratuíto: 900 333 666
  • Nos teléfonos da Consellería: 981 547 437 /981 544 640
  • Mail: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
  • Web da Consellería de Política Social
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

solicitude para os campamentos de verán 2019

informe médico para os campamentos de verán 2019

folleto informativo dos campamentos de veran 2019