Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Campaña En Negro Contra as Violencias

Con motivo do 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", e co obxetivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Rianxo, xunto con 74 concellos galegos e 4713 establecementos e axentes sociais, participan conxuntamente na campaña de sensibilización "En negro, contra as violencias". A acción consiste en tinguir de negro a vila a través dos escaparates, os manequíns, ou a roupa de traballo; vestir de loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Dende o xoves 16 de novembro, e ata o domingo 26 de novembro, levaranse a cabo distintas actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.