Servizos Sociais

- Choqueirada dos nosos maiores - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Choqueirada dos nosos maiores

A Concellería de Servizos Sociais organiza o domingo de piñata, 17 de febreiro, un Baile Choqueiro que terá lugar a partir das 19:00 h no local do Clube de Xubilados e que contará coa actuación do dúo SAVOY.

Sortearanse entre as persoas que acudan disfrazadas e entre os/as que participen coa elaboración de ourellas e filloas diferentes agasallos, contando coa colaboración Asociación Rianxeira de Empresarios e en especial coas seguintes casas comerciais:

  • Taller da pedra RAMOS
  • Electrodomésticos RIAL
  • Cínica Odontolóxica MARES
  • Salón de Beleza BELEN ORDOÑEZ
  • Perruquería ROSA CAROU

Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán recoller as invitacións nos Servizos Sociais do Concello ata o venres, día 15 de febreiro.