Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Convocatoria Concursos Políticas Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

A Deputación da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro 2015 “ Día contra a violencia de xénero” convoca os seguintes premios:

·          Premio Concepción Arenal 2015: proxectos educativos pola igualdade de xénero

Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:

A)      Proxectos educativos en educación infantil

B)      Proxectos educativos en educación primaria

C)      Proxectos educativos en educación secundaria

Premiarase o programa de actividades de centro no que se  traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.

Prazo: 30 novembro de 2015.

Para mais información, premer no enlace http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/10/30/2015_0000010536.html
 


·          II Concurso de guións contra a violencia de xénero, ano 2015, dirixido á poboación adolescente de entre 14 e 18 anos.

Obxecto: elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero.
 
O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

 
Premio: outorgarase un premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso, e un premio en metálico de 2.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.

 
Prazo: 30 novembro de 2015.

Para mais información, premer no enlace http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/10/30/2015_0000010371.html
                                                                                                                                                                                                                                                              



 

--