Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

CUIDARELAX 2016: Programa de respiro familiar en balnearios para persoas coidadoras

O programa, convocado pola Unión de Pensionistas (UDP), diríxese a coidadoras e coidadores, tanto principais como de apoio, que teñan ao seu cargo a unha persoa maior en situación de dependencia, priorizando a participación de persoas que realicen coidados de longa duración ou ampla intensidade.

A finalidade do programa é a procura dun espazo de encontro e de formación e intervención entre familias coidadoras, conxugando o apoio ás persoas coidadoras con tratamentos termais, lecer e psicoeducación.

PERSOAS BENEFICIARIAS
Familias que teñan ó seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia

TIPO DE ESTADIA E SERVIZOS
O programa inclúe a estadía no balneario de Laias (Ourense) en réxime de aloxamento durante 3 noites con pensión completa e circuito termal e require a participación en xornadas de intervención e formación para o autocoidado, desde metodoloxías de dinámica de grupos a técnicas de risoterapia.
As quendas das estadía distribúense entre os meses de xuño e setembro.
As persoas participantes que non dispoñan de recursos de apoio para o coidado do seu familiar en situación de dependencia, poderán solicitar os servizos de residencia, Centro de Día ou Axuda no Fogar que elixan para poder acudir ás xornadas, de maneira gratuíta e con cargo ó programa CUIDARELAX.

CUSTO: O programa non ten custo para as persoas participantes (unicamente o desprazamento ata o balneario indicado)


MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
  • Unión de Pensionistas: 982 223 379 ou cuidarelaxgalicia@gmail.com