Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante semanas, vimos nas redes sociais, televisión, prensa e na propia rúa a celebración do 8 de marzo. Desde o Concello de Rianxo, recordamos que esta non é unha data para celebrar na que nos feliciten ás mulleres por sermos traballadoras, senón que é un día de lembranza das 146 mulleres que morreron nunha fábrica téxtil de New York demandando melloras na súas condicións laborais.

Lembramos a necesidade de que as mulleres esixan aos gobernos e ás xerencias das empresas o cumprimento dos dereitos laborais que conseguiron por nós outras mulleres fai só algo máis de cen anos. É a nosa obriga como cidadanía defender con unllas e dentes todo aquilo que gratuitamente agora estamos gozando; e por momentos, magoadamente, incluso perdendo.

Este ano 2016, facemos honra a aqueles oficios que historicamente viñeron sendo desenvolvidos por mulleres de Rianxo, de Galicia e do resto do mundo. As mulleres culturalmente están especializadas no coidado da casa, da nosa familia, das nosas crianzas, das persoas en situación de dependencia... agás o coidado delas mesmas.

Todo ese traballo foi e é agasallado economicamente tanto á familia como ao estado.

Queremos e debemos poñer en valor, tanto social como economicamente, a cantidade de horas que as mulleres dedican á xerencia dunha casa, á atención integral ás persoas que conforman a familia, á atención a cada un dos procesos polos que pasa a roupa para ser logo gozada sobre os nosos corpos... todo iso é diñeiro e todo iso é traballo invisible para moitas persoas, desde o resto da familia ata infravalorado polas propias mulleres.

A día de hoxe podemos e estamos en condicións de ir un paso máis adiante e dar a coñecer que o mundo está a cambiar e cada vez máis estas tarefas son compartidas e polo tanto, asumidas por outros membros desa familia (crianzas, maiores, homes...). Este é o sinal de cambio social, o que nos di que toda esta especialización en coidados non é única das mulleres por seren mulleres, senón que é unha habilidade das persoas.

Sintámonos responsables de valorar esa cesta de roupa que maxicamente chega aos nosos armarios, ese prato de comida quentiño cada domingo ou a quilometraxe que fan avós e avoas detrás das netas e netos...

Pensemos que nós tamén somos quen de facelo ao igual que as miles de mulleres rianxeiras. O traballo compartido de seguro que será benvido.