Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Estadías nas residencias de tempo libre

O programa contempla o aloxamento e mantenza réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigran (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), ou ben poderán gozar do servizo de comedor as familias e amizades dos residentes que visiten a instalación, segundo as normas de cada residencia.


PERSOAS DESTINATARIAS

  • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañadas dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
  • Galegos e galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

QUENDAS

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán na mesma residencia.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Efectuarase por sorteo de datas o día 9 de maio de 2018. Sen prexuízo de que poderán solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II:

  • Reservarase a primeira quenda do mes de agosoto en ambas as dúas residencias para as familias numerosas.
  • Reservarase a última quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencia para as familias acolledoras.
  • Reservarase a segunda quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencias para as familias monoparentais.

As prazas das quendas reservadas que non se cubran incluiranse na quenda xeral. As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten a unha quenda distinta da reservada para elas non terán ningunha preferencia.

PAGAMENTO DO PREZO DA ESTADÍA

As persoas beneficiarias realizarán un depósito de 30 € por cuarto en concepto de reserva, no prazo de 5 días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, e outro depósito pola cantidade restante ata completar a totalidade do prezo da estadía, 15 días antes do incio da quenda adxudicada. O decreto polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre é o Decreto 65/2016.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 8 de maio de 2018

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.es
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.
  • Nos lugares dispostos na normativa de procedemento administrativo.

MAIS INFORMACIÓN:

Solicitude en formato papel