Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

PRESTACIÓN económica de pagamento único POR FILLAS E FILLOS MENORES de 3 anos.

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nadas entre o 2-1-2015 e o 1-1-2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria (as persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).
  • No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia da menor polo que se solicita a axuda, e os fillos e fillas da persoa solicitante.

REQUISITOS

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

CONTÍA DA AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: http://sede.xunta.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 21 de marzo de 2018

MÁIS INFORMACIÓN

Formulario de solicitude e anexos para a presentación en formato papel