Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde onde establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

Persoas beneficiarias

  • Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos entre o 02.01.2013 e o 01.01.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas.
  • No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.


Requisitos

  • Que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia
  • Que na data da solicitude os nenos ou nenas convivan coa persoa solicitante
  • Non ter presentada a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2014


Tipo de axuda:
Pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa o primeiro fillo/a: 360 €
  • Cando sexa o segundo fillo/a: 1.200 €
  • Cando sexa o terceiro ou sucesivos: 2.400 €

Prazo de solicitude: Ata o 7 de marzo de 2016

Presentación da solicitude:

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
  • Tramitación por vía electrónica: http://sede.xunta.es
  • Formulario de solicitude e anexos para a presentación en formato papel

Máis información:

981 547 246

 
Persoas beneficiarias
Persoas que teñen ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 02.01.20111 e o 01.01.2014, inclusivos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda ser estar obrigadas.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Requisitos
Que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia
Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante
Non ter presentada a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2012

Tipo de axuda
Pago único de 360 € por cada un dos fillos/as

Información e tramitación
Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Ctra. de Tanxil, 12. 981 86 00 61)
http://traballoebenestar.xunta.es / www.familiasgalegas.org / 981 54 72 46
Tramitación por vía telemática: https://sede.xunta.es

Prazo: 26 de abril de 2014