Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Certame de boas prácticas UNICEF

Boas prácticas.

 

A través desta iniciativa, UNICEF Comité Español e os seus aliados no “Programa Ciudades Amigas de la Infancia” premian accións e proxectos promovidos polos Gobernos locais ou por entidades sociais (centros educativos, asociacións, fundacións, sindicatos, empresas...) co obxectivo de impulsar o benestar da infancia e da adolescencia.

 

O Certame de Boas Prácticas é unha actividade complementaria ó Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia. Ámbolos procesos convócanse simultaneamente cada dous anos e resólvense ó mesmo tempo.

 

Poden presentarse ó Certame todos os Gobernos Locais e entidades sociais que o soliciten, independentemente de que con anterioridade obtiveran ou non o Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia. Aceptaranse no Certame as prácticas...:

 

a) que se levaran a cabo dentro do período 2014-2016;

b) que estean relacionadas coa Convención sobre os Dereitos do Neno;

c) que promovan a participación dos nenos e adolescentes e den difusión ás súas opinións e propostas;

d) que promovan o emprendemento infantil e adolescente;

e) que sexan creativas ou innovadoras;

f) que potencien a coordinación entre organismos, a participación cidadá e as alianzas a favor da infancia e da adolescencia.

 

Como participar:

 

1. Cumprimentar o formulario de interese acompañado dunha carta ó “Programa Ciudades Amigas de la Infancia” solicitando a admisión no Certame. Período de solicitude: dende o 11 de setembro de 2015 ao 30 de marzo de 2016.

 

2. Si a túa solicitude é aceptada, deberás presentar unha memoria da actividade que permita a súa comprensión e valoración. Período de presentación da memoria: entre o 1 e o 30 de xuño de 2016.

 

Outorgaranse premios nas seguintes catergorías:

 

1. Participación

2. Ocio e tempo libre

3. Educación

4. Medioambiente

5. Saúde

6. Solidariedade

7. Emprendemento

 

En cada categoría poderán premiarse un ou máis proxectos. UNICEF Comité Español poden engadir novas categorías segundo o contido e calidade das accións que se presenten ó Certame.

 

Máis información a partir da páxina 34 na Guía de xestión do Selo CAI (2015-2016)