Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Programa de Benestar en Balnearios 2017

​O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla o aloxamento en balneario, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 10 días.
O desenvolvemento das quendas terá lugar durante o período comprendido entre os meses de abril e decembro de 2017.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Ser maior de 60 anos ou maior de 55 anos e reunir a condición de pensionista do sistema de Seguridade Social.
  • Estar empadroado/a e residir nalgún concello de Galicia
  • Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as acompañantes
  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da quenda
  • Carecer de contraindicación médica para recibir os tratamentos termais


ACOMPAÑANTES

  • A persoa solicitante poderá ir acompañada das seguintes persoas:
  • O/A cónxuxe ou persoa con quen teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal.
  • Fillos ou fillas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e que cumpran todos os requisitos agás a idade.
  • Calquera persoa que desexe participar no programa, sempre e cando cumpra todos os requisitos.


PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
  • Preferentemente realizarase a tramitación por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://sede.xunta.gal

 

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 17 de abril de 2017

​Relación de balnearios e quendas

Formulario de solicitude e anexos para a presentación en formato papel