Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Promoción do éxito escolar

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo continúan con este programa, igual que o curso 2016-2017, desenvolvido pola Cruz Vermella, a través do seu programa de Voluntariado Social.

A QUÉN VAI DIRIXIDO?

Vai dirixido á poboación infantil e xuvenil do Concello de Rianxo, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, que presenten dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e que pertenzan a familias en situación de risco social.

CAL É O SEU OBXECTIVO?

Contribuír ao incremento do éxito escolar das persoas participantes, incidindo nos factores de índole persoal e social que favorezan o mesmo.

ONDE  E CANDO  VAI COMEZAR?

A actividade dará comenzo o próximo luns 2 de outubro, na Aula Activa do Mar. As sesións serán os luns e mércores co seguinte horario:

  • de 16:30 a 18:00 h realizarase o reforzo escolar e educativo.
  • de 18:00 a 18:30 h subministrarase ás participantes merendas saudables, aproveitando este tempo para reforzar a educación en valores.

 

 

Seguinte