Servizos Sociais

Exposición fotográfica no Auditorio - Resistencia nicaraguana con rostro de muller - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Resistencia nicaraguana con rostro de muller

Exposición fotográfica no Auditorio

Do 9 ao 14 de decembro haberá no Auditorio unha exposición fotográfica da realidade de Nicaragua e da resistencia e protesta das mulleres no país. Para pechar a exposición, o sábado 14 realizaranse diferentes actividades ás 12:00 da mañá:

- Visita guiada pola exposición

- Taller de máscaras de Monimbó: cada participante vai poder deseñar a súa propia máscara de Monimbó. Estas máscaras utilízanse por un lado en bailes folclóricos, pero tamén para tapar os rostros nas protestas e non ser identificados/as.

- Actuación do coro feminino Sisters in the house