Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

Finalidade da tarxeta

Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.

 

Titulares

Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. A tarxeta acreditativa de grao de discapacidade é un documento persoal e intransferible que serve de documento substitutivo, para todos os efectos, da resolución pola que se recoñece o devandito grao, e que ten validez en todo o territorio do Estado.
A súa presentación debe ir acompañada do DNI, NIE ou pasaporte, no suposto en que así o requira o organismo/entidade competente. As persoas titulares menores de 14 anos, poderán acreditar a súa identidade mediante certificación literal de nacemento expedida polo rexistro civil correspondente.

 

Procedemento de expedición:

  • Expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar a partir do 05/08/2016.
  • Expedirase por petición expresa das persoas interesadas ou por quen teña a súa representación, nos seguintes supostos:

a) As que teñan recoñecido un grao de discapacidade, xa sexa de carácter definitivo ou provisional, igual ou superior ao 33% con data anterior ó día 05/08/2016. No caso de ter en curso unha solicitude de revisión do grao de discapacidade, a tarxeta acreditativa expedirase de oficio.

b) Nos casos de perda ou substracción (achegarase copia da denuncia presentada ante a autoridade competente)

 

Lugar de presentación de solicitudes:

 

Máis información:

 

Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención