Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Tarxeta Benvida para familias con fillos e fillas nados no ano 2018

 

Persoas beneficiarias

Familias que no ano 2018 teñan fillos ou fillas, tanto por natureza como por adopcion, ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaniero e o 31 de decembro de 2018.

Tamén poderán beneficiarse da axuda as galegas e os galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2018.

Requisitos

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar da declaracion do IRPF do ano 2016, sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per capita non debera superar os 13.500€
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.
  • Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2018 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

Tipo de axuda

Con carácter xeral, a contía total será de 1.200 € que asignará 100 €/mes durante o primeiro ano do fillo ou filla.

Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, nas seguintes contías:

  • 600 €/ano (50 €/mes), se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  • 1.200 €/ano (100 €/mes), se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
  • 2.400 €/ano  (200 €/mes), se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

A axuda farase efectiva a través da Tarxeta Benvida, que se expedirá a nome da persoa solicitante e unicamente se poderá utilizar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Lugar de presentación

Preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.gal

Prazo de solicitude

Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución para os supostos de adopción. No caso de emigrantes os dous meses contaranse a partir do día seguinte áa data de retorno a España.

Máis información

Modelo de solicitude para a presentación en papel