Servizos Sociais

Servizos Sociais - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

CAMBIO DA LOCALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: TRASLÁDASE AO AUDITORIO DE RIANXO   Dentro da  campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "QUEN DIXO MEDO?", a Deputación da Coruña vai organizar unha charla sobre afectividade e sexualidade que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data: Día: sábado 19 de agosto de 2017 Horario: de 11:00 a 13:00 horas Lugar: Auditorio...

  A Deputación da Coruña ten en marcha a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero QUEN DIXO MEDO? Dentro desta campaña, enmárcase o Obradoiro de autodefensa, que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data: Día: sábado 22 de xullo de 2017 Horario: de 11:00 a 13:30 horas Lugar: Centro sociocultural-auditorio (R/ Autores da Rianxeira) A finalidade do obradoiro é...

Chegamos á FIN do curso 2016/2017 do Campus Familia Rianxo. Foron 27 sesións, 27 venres e en varias zonas do Concello de Rianxo. 27 temáticas para cada familia #moitosCambios. Este venres toca celebrar os logros. Vinde coas fillas e fillos ao Auditorio de Rianxo​ de 18.15 a 20.15 h  

Este venres, no #campusFamiliaRianxo, traballaremos a relación que temos co OCIO e co goce. Venres 23 de xuño, de 18.15 a 20.15 horas, no auditorio de Rianxo.  

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas para sufragar parte dos gastos de estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tipo de axuda: 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos. 37,50 € por persoa para as menores de 12 anos. ...

Este venres, no Campus Familia, toca este medio, tocan as redes sociais para debater, responder, tratar e aprender, para estar máis e mellor preparadas as familias. No Auditorio de Rianxo​, de 18.15 a 20.15 horas.  

Na xunta de goberno local do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o 12/06/2017, aprobáronse as bases da convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantial e ensino obrigatorio, no curso escolar 2016-2017. PERSOAS DESTINATARIAS DA AXUDA: 1. O alumnado de infantil poderá...

Este venres, no #CampusFamilia, tocan as #preguntasquesemprequixeronfacerosnenos Para isto, é importante: 1º. Seguir os pasos que se comentan no vídeo. 2º. Asistir ao #CampusFamilia para resolver estes enigmas. Vémonos o venres 9 de xuño, ás 18.15 h, no Auditorio de Rianxo.

Este venres, no Campus Familia, abordaremos as diversas estratexias e formas de fomentar o talento nos nosos fillos. De que maneira apoiar a súa propia creatividade e autonomía; a descubrir por eles mesmos as súas múltiples capacidades. Este venres, Campus Familia Rianxo no CEIP BREA SEGADE, de 18.15 a 20.15 h

O Concello de Rianxo, en colaboración con Cruz Vermella, está a levar a cabo un programa de apoio escolar educativo co obxeto de contribuír ó éxito escolar de nenos e nenas, con idades comprendidas entres 6 e 16 anos, residentes no Concello de Rianxo e con dificultades sociais. Consta de dúas sesións semanais que comenzaron en marzo e finalizarán o 14 de xuño.

O Concello de Rianxo organiza, o vindeiro sábado 3 de xuño no pavillón do colexio Ana Mª Diéguez (Asados), un obradoiro de iniciación á defensa persoal dirixido específicamente a mulleres. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Correo electrónico: agkravmaga@gmail.com Teléfono de contacto: 608979727

Este venres, no #CampusFamiliaRianxo, tocan as actividades da rapazada: como afrontan os deberes, as actividades extraescolares e a súa propia autonomía. Este venres, 19 de maio, no CEIP CASTELAO: de 18.15 a 20.15 h

Este venres, no Campus Familia de Rianxo, toca xestionar o noso tempo. É a hora de mellorar a nosa loxística, tanto da casa, a familiar como a do traballo; incluso tocaremos as actividades ou tarefas que fan as nosas fillas e fillos. Este venres 12 de maio, de 18.15 a 20.15 h, no auditorio de Rianxo.  

Aberto o prazo para presentar a solicitude para o programa de turismo do Imserso. PERSOAS BENEFICIARIAS :  Pensionistas por xubilación do sistema público español de pensións.  Pensionistas por viuvez cos 55 anos cumpridos.  Pensionistas por outros conceptos ou percetores de prestacións ou subsidios por desemprego, cos 60 anos cumpridos en todos os casos. Poden participar...

Este venres seguimos co Campus Familia de Rianxo. Abordaremos as diferenzas, casos e situacións. Venres 5 de maio, de 18.15 a 20.15 h, no Auditorio de Rianxo.

Esta semana o Campus Familia volve o Auditorio de Rianxo. Falaremos coa coach Nelly Rey de Identia Coaching sobre as necesidades das familias. Abordaremos os problemas concretos que teñen cada familia do Campus e as súas solucións para cada caso. Este venres, #CampusFamilia Horario: 18.15-20.15

A Consellería de Política Social convoca prazas para persoas con discapacidade co fin de que participen en campamentos de verán e campos de traballo, mediante quendas específicas e de integración. A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2017 da D.X. de...

TIPO DE AXUDA Axuda económica para adquirir servizos de promoción da autonomía persoal: servizos de respiro familiar a través de axuda no fogar, atención diúrna ou atención residencial; Xantar na casa; atención temperá; promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica...); habilitación psicosocial (servizo de...

O programa, convocado pola Unión de Pensionistas (UDP), diríxese a coidadoras e coidadores, tanto principais como de apoio, que teñan ao seu cargo a unha persoa maior en situación de dependencia, priorizando a participación de persoas que realicen coidados de longa duración ou ampla intensidade. A finalidade do programa é a procura dun espazo de encontro e de formación e intervención entre...

Esta semana o Campus Familia dirixese ao CEIP ANA MARIA DIEGUEZ en Asados. Trataremos o tema do ACOSO ESCOLAR, teremos nesta ocasión a experta Susana Simoes que virá a falar da detección, das consecuencias e de como previlo. Este venres O Campus Familia no CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ en Calle Atalaia, s/n, 15984 Rianxo  

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017, incluídos) e que, durante o ano...

Vídeo de presentación da vindeira xornada do Campus familia 2017, o venres 24 de marzo.  

​O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla o aloxamento en balneario, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 10 días. O desenvolvemento das quendas terá lugar durante o período comprendido entre os meses de abril e decembro de 2017. REQUISITOS DAS PERSOAS...

Vídeo de presentación da vindeira xornada do Campus familia 2017, o venres 17 de marzo.  

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, Hadriana Ordóñez Otero, Convidan ao Pleno: 1. A acudir o IES Féliz Muriel o día 8 de marzo ás 12.00 h para a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 4º da ESO. Será lido ante o mural pola igualdade, no corredor. A continuación farase o...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social para o ano 2017 REQUISITOS Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia Ser o/a pagador/a da correspondente factura de...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables   Requisitos Que os ingresos totais de todas as persoas que conviven no domicilio no momento de presentar a solicitude, non superen o IPREM (6.390,13 € anuais) na declaración...

A Área de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo organiza a actividade de “Campamento Nadal 2016” dirixido a rapaces e rapazas do Concello de Rianxo, con idades comprendidas entre o 3 e os 10 anos. Esta actividade desenvolverase desde o 26 de decembro de 2016 ao 4 de xaneiro de 2017, de luns a venres, e en horario de 10:00 h. a 13:00 h., nas dependencias do CEIP “A.D.R....

O Concello de Rianxo subscribiu un acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a súa adhesión ao convenio de colaboración entre este organismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co fin de desenvolver o Programa de Vivendas Baleiras no ámbito do plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020. Bando informativo Bando...

Dentro da programación do 25 N, este sábado día 12  no Auditorio de Rianxo,  Obradoiro de Teatro en Familia, " Eu (nós) decidimos"  para nenos e nenas de  6  a 9 anos. Dirixe Esther F. Carrodeguas Organiza Concello de Rianxo. Inscricións: Servizos Sociais Comunitarios Ctra. Tanxil, 12 - Rianxo Telfs. 667185588 // 981 86 00 61

A Consellería de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, dirixido ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal e poidan así pasar estas datas acompañadas doutras persoas que se atopan na mesma situación. O programa contempla o aloxamento durante 11 días (10 noites), manutención en réxime de pensión completa, actividades de animación...

Por motivo do 25 de Novembro dende o concello estanse a organizar unhas  actividades dirixidas a todos os grupos de idade. Serán de valde e requiren de inscrición previa. Máis información: *Servizos Sociais Comunitarios ( Ctra. Tanxil, 12 //981860061)

O Concello de Rianxo está a iniciar, a través da asesoría técnica de SENES Desenvolvemento Comunitario, o proceso de elaboración e posta en marcha do: II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO Solicitamos a súa colaboración nesta primeira fase de diagnose a través do cumprimento dunha ENQUISA  que servirá como punto de partida para a realización da mesma e...

O Concello de Rianxo colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para desenvolver o programa de Vacacións en Paz no próximo ano 2017. A finalidade do dito programa é que os nenos e nenas saharauis pasen os meses de verán (xullo e agosto) en Galicia con familias acolledoras, evitando a súa permanencia nos campamentos durante os meses de maiores temperaturas. As persoas...

Servizos Sociais do Concello de Rianxo está organizando para o mércores 14 de setembro o XANTAR FESTEIRO para as persoas maiores. O prazo para incripcións e recollida de invitacións estará aberto ata o próximo luns día 12.

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias para atender no domicilio a nenos e nenas menores de 3 anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e as responsabilidades familiares.   Tipo de axuda Unha achega económica (de contía variable en...

Finalidade da tarxeta Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.   Titulares Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. A tarxeta acreditativa de grao de discapacidade é un documento persoal e intransferible que serve de documento...

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo contan, para o seu desenvolvemento no ano 2016, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña a través do Plan de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.  

O Concello de Rianxo conta con financiamento da Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento, durante o ano 2016, do programa de Xantar na Casa. O dito financiamento realízase a través da convocatoria do programa de subvencións para o mantemento de servizos sociais.

O Concello de Rianxo conta para o desenvolvemento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e para o Servizo de Axuda no Fogar (Dependencia) con financiamento da Xunta de Galicia, a través do Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais.

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas para sufragar parte dos gastos de estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.   Tipo de axuda: 35 € por persoa e estadía para nenos/as de 12 anos ou máis e persoas adultas. 37,50 € por persoa e estadía para os/as menores de 12...

A presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017 , estendéndese ata o venres 17 de xuño de 2016. Se a pasada tempada dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar unha nova solicitude, posto que o Imserso lles remitirá ó seu domicilio a carta para a renovación dos datos. No caso de acceder por primeira vez ó...

 O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos (DOG n.º 82 do 29/04/2016)   TIPO DE AXUDA Unha cantidade mensual para contribuír ó pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período...

O Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade ven de renovar a guía de axudas sociais para as familias durante o ano 2016. Guía de axudas 2016

Ábrese un novo prazo de inscrición ata o 29/04/16 para participar no Campus Familia. O Campus Familia desenvolvese todos os sábados no Auditorio de 11:30 a 13:00h. As inscricións faranse no Rexistro Xeral do Concello. Para máis información: Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12) 981860061  

Durante semanas, vimos nas redes sociais, televisión, prensa e na propia rúa a celebración do 8 de marzo. Desde o Concello de Rianxo, recordamos que esta non é unha data para celebrar na que nos feliciten ás mulleres por sermos traballadoras, senón que é un día de lembranza das 146 mulleres que morreron nunha fábrica téxtil de New York demandando melloras na súas condicións laborais. ...

En conmemoración do día internacional da muller, o vindeiro domingo 13 a continuación do acto institucional diante do Concello, ás 13:30h realizarase na rúa de Abaixo (diante do Museo Manuel Antonio) o Museo Vivente dos Oficios Invisibles por iniciativa veciñal. A rúa de abaixo converterase nun pequeno Museo vivente onde se homenaxeará a todas as mulleres que durante anos, e tamén no presente,...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 100 de 171 resultados.