Servizos Sociais

Servizos Sociais - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Ampliase o prazo de inscrición para o Campus Familia: Escola de Nais e Pais presencial e virtual, ata o vindeiro xoves 21. Os contidos que se traballarán serán os seguintes: - Saber relacionarse: Habilidades sociais. - Saber ser: Educación en valores - Saber estar: Límites, normas e responsabilidade - Quererse ben: Afecto, apego e relacións - Somos diferentes: Coeducación - O "botrato"...

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda establece unha liña de axudas para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar. TIPO DE AXUDA A contía da axuda será de 150 € mensuais, ata un máximo de 12 meses, prorrogables PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por non pagar a renda de alugueiro por motivos económicos ou...

Dende a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade ponse en marcha o CAMPUS FAMILIA, unha escola de crianza para nais e pais, coidadores e coidadoras. Tratarase de acompañar ás familias no seu proceso de mellora e aprendizaxe de novas ferramentas para unha crianza e educación consciente, responsable e satisfactoria: impulsando o crecemento. As e os participantes serán capaces de:...

Dende a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade ponse en marcha a campaña de nadal "31 crianzas, 31 agasallos"  Para participar só hai que deixar un agasallo mercado nos comercios colaboradores: - Cambeses - Don Dino - Libraría Ben          - Libraría Cándido - Xacobiño A campaña durará ata o 4 de xaneiro, xa que o día 5...

Este domingo 29 ás 12:00h, diante do Concello, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza con motivo do 25N un acto institucional onde participará a coorporación municipal e todas aquelas persoas que desexen ler un texto afín á temática. O acto será acompañado musicalmente por Iago Hermo.

O prazo para inscribirse no Obradoiro de Expresión Teatral: Expresar-T ampliarase ata o próximo venres. Se estas interesado/a en asistir aínda estas a tempo.

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza un obradoiro de expresión teatral grazas a unha doazón da Obra Social "La Caixa". Vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas neste obradoiro e contará coa participación dos alumnas e alumnos  da Aula Ocupacional Municipal. Máis información / inscricións :  Servizos Sociais Comunitarios: Crta. de Tanxil, 12 ...

Hoxe as 19:45 h no Centro Sociocultural de Rianxo e previo a Charla-coloquio: Prostitución e violencia de xénero, haberá unha concentración en repulsa polas últimas mortes de mulleres vitimas de  violencia de xénero.

O Concello de Rianxo vén de recibir unha doazón da entidade La Caixa, a través da súa Obra Social, de 3.000€ destinada a Aula Ocupacional Municipal.  

Ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra en Siria o concello de Rianxo, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, e en colaboración con outras administracións públicas da nosa CC.AA. está traballando no Plan de acollida da poboación Siria refuxiada. Unha das primeiras medidas é a de realizar un inventario de recursos, tanto materiais como de...

A Deputación da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro 2015 “ Día contra a violencia de xénero” convoca os seguintes premios: ·          Premio Concepción Arenal 2015: proxectos educativos pola igualdade de xénero Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades...

O Concello de Rianxo ven de convocar as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o curso escolar 2015-2016.  Beneficiarios/as Alumnos/as que cursen estudios de Educación Infantil. As axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar van destinadas ós alumnos/as matriculados/as nos cursos de Educación Infantil, sempre que reúnan os requisitos...

O Concello de Rianxo comunica a cancelación da xornada programada para hoxe Grupos de Axuda Mutua ( GAM), Unha metodoloxía eficaz para a erradicación da pobreza.

A Consellería de Política Social, organiza e convoca este programa dirixido ás perosas maiores que se atopen soas destas datas. O programa contempla o aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa, durante 11 días ( 10 noites). Datas: Entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro. Lugares: Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) Requisitos: Ter que pasar só/as as datas do...

Dende o Concello de Rianxo pídese a colaboración veciñal para axudar nos campamentos de refuxados saharauis ante as recentes inundacións.

A entidade FAGAL, en colaboración con AGADEA, organiza o curso “Xuntos nos coidados” no Concello de Rianxo. A formación está dirixida a coidadoras/es non profesionais de persoas con demencia. O obxectivo do curso é o de achegarlle ás familias coidadoras de persoas enfermas de Alzheimer ou outras demencias, formación e información para afrontar os coidados.   Días: 17, 18, 19 e 20 de...

Martes 3 de novembro de 10:00 a 14:00 no salón de Actos do Auditorio  Municipal. A formación será impartida polo Dr. I.Ambalavanam, director de proxectos da ONGD India PDI e por María Reimóndez, fundadora de Implicadas no Desenvolvemento, ambos expertos na metododoloxía GAM. Entrada Libre ata completar aforo.  

Boas prácticas.   A través desta iniciativa, UNICEF Comité Español e os seus aliados no “Programa Ciudades Amigas de la Infancia” premian accións e proxectos promovidos polos Gobernos locais ou por entidades sociais (centros educativos, asociacións, fundacións, sindicatos, empresas...) co obxectivo de impulsar o benestar da infancia e da adolescencia.   O Certame de Boas...

Dende o Concello de Rianxo unímonos en repulsa dos últimos acontecementos de violencia de xénero e invitámosvos a asistir á concentración que hoxe mércores 7 de outubro se vai a facer diante da Casa do Concello ás 20 horas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha liña de axudas para paliar os efectos dos desafiuzamentos por non pagamento das rendas de alugueiro   TIPO DE AXUDA Axuda económica para asumir o custo do alugueiro da vivenda habitual, a unidades de convivencia respecto das cales xa fora ditada unha resolución xudicial de terminación do proceso de...

Servizos Sociais precisa voluntarios/as para recollida e traslado de alimentos. Si estás interesado/a en participar, non dubides en preguntar. Prazo: 28 de setembro + información: Servizos Sociais ( Ctra. Tanxil, 12) Telfs: 981 86 00 61 / 667 185 593 correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal

  Con motivo das Festas de Guadalupe o Concello de Rianxo a través da concellalía de Benestar Social Igualdade e Diversidade celebrará o vindeiro mércores, 16 de setembro un xantar para as persoas maiores. Lugar: Restaurante Tanxil. Menu: Entremeses ( empanada e croquetas caseiras)            Merluza a galega ...

A Consellería de Economía e Industria mantén aberta a convocatoria de subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do ticket eléctrico social para o primeiro semestre de 2015.   Requisitos Ter fillos menores de 18 anos a cargo Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora e...

 Con motivo das Festas de Entroido o Concello de Rianxo a través da concellalía de Servizos Sociais celebrará  o  vindeiro sábado, 14 de febreiro, un baile de disfraces. Haberá sorteo de agasallos entre as persoas disfrazadas Lugar: Liceo Marítimo Rianxeiro Hora:a partires das 19:00 Actuación do Dúo de la Cruz

A Concellalía de Servizos Sociais  do Concello de Rianxo quere agredecer a todos e todas aquelas persoas que colaboraron na campaña de recollida de xoguetes conseguindo así que ningún neno e nena do noso Concello quedase sen agasallo. Agradecer, tamén a cantidade e a calidade  dos xoguetes recollidos.

A Concelleira de Servizos Sociais quere agradecer a colaboración do Estanco Librería Xacobiño co agasallo que se lles entregou aos nenos e nenas saharauís no acto de despedida, así como das familias acolledoras que fixeron posible a permanencia destes/as menores no Concello de Rianxo.

A Concellalía de Servizos Socias do Concello de Rianxo invita a todos os seu maiores ao Baile de Reis que se celebrará o próximo dia 6 de Xaneiro as 19:00 horas. O baile terá lugar nos baixos do liceo marítimo rianxeiro e contará coa actuación do Dúo TOGOYÁN.  

En sesión da Xunta de Goberno Local do 11/09/2014 aprobaronse as bases reguladoras da Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisión de libros e material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2014-2015. Educación infantil, primaria e E.S.O.   Beneficiarios/as   Alumnos/as que cursen estudios de Educación Infantil, Educación Primaria e...

O vindeiro mércores 17 de setembro celebraráse o día dos nosos maiores. Os que queiran participar na comida terán que inscribirse en Servizos Sociais antes do 10 de setembro. O custe da comida será de 10€.  Cartaz anunciador Máis información: Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12) Tlfn: 981860061

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Rianxo organiza unha charla sobre  o Uso de Medicamentos Xenéricos. Será no Auditorio de Rianxo o día 17 de xuño ás 19 horas. A Charla será impartida por Mª José Diz Lojo, Licenciada en farmacia e Máster en"investigación e desenvolvemento de novos medicamentos".   Cartel anunciador

A concellería de Igualdade do Concello de Rianxo organiza os seguintes cursos gratuítos para mulleres subvencionados pola Deputación da Coruña: - Curso de monitor/a de desenvolvemento turístico. (80horas)     datas: luns, mércores e venres dende o 9 de xuño ata o14 de xullo.     horario: 09:30 a 14:00     lugar: Centro Sociocultural-...

Durante o mes de maio a Concellaría de Servizos Sociais realizará unha campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene en colaboración cos centros educativos. Necesítanse produtos como por exemplo: deterxente, suavizante, lava pratos, lixivia, desodorizante, xel, champú, papel hixiénico, pañais, compresas, maquinillas de afeitar, pasta de dentes, xabón, e moitos máis.... Os...

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo organizan un baile o domingo 2 de marzo a partir das 7 do serán no Campo de Arriba coa actuación do grupo SURIÑE.  

 O Concello de Rianxo organiza  o próximo sábado día 4 de xaneiro de 2014 un Baile de Reis dirixido as persoas da Terceira Idade. Será a partires das 20.30 horas no  Club de Xubilados e a actuación correrá a cargo do dúo Dogayán

A Concellería de Servizos Sociais xunto co Instituto Félix Muriel, a anpa "Irmáns Insua" do C.R.A. e a escola infantil Galiña Azul está facendo unha campaña de recollida de alimentos, roupa de inverno e xoguetes en bo estado para repartir entre aquelas familias con máis necesidade do noso concello. Os puntos de entrega son os seguintes: - Servizos Sociais. - Instituto Félix Muriel (só...

Se queres ser voluntario/a e axudar a persoas en risco de exclusión social podes dirixirte ao departamento de Servizos Sociais. O proxecto que se vai a poñer en marcha é para o apoio na alimentación daquelas persoas sen recursos económicos suficientes.    

A entidade Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Rianxo, organizará un Taller de Risoterapia neste concello. A finalidade desta iniciativa é aprender os beneficios que a risa e o humor teñen na saúde das persoas e a xerar estados de ánimo positivos mediante técnicas de expresión corporal, xogos, dinámicas de grupo... Días: 1 sesión mensual, de dúas horas de duración Custo: 5...

A Concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Cruz Vermella vai a desenvolver un taller de economía doméstica. Para a vindeira semana os días 14, 15, 16 e 17 de outubro en horario de 10:00 a 12:00 no Centro Sociocultural- Auditorio realizarase o taller de economía doméstica cos seguintes contidos: -Presentación. -Qué é a economía doméstica? -O presuposto familiar -Como facer un...

O Concello de Rianxo colabora coa entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, mediante unha campaña de recollida dos medicamentos que demandan desde os campamentos de refuxiados saharauís. Os medicamentos que se poden doar son os seguintes: Tanagel Sobres Test de Embarazo Clomifeno 50mg comprimidos Inzitan Inxectable Anasma Po Tobradex gotas Azitromicina 500...

A Concellería de Servizos Sociais xunto coa Cruz Vermella promoven un programa de charlas sobre saúde "Cuídate por ejemplo... invierte en salud" As charlas desenvolveranse no Centro Sociocultural-Auditorio os venres 11, 18 e 25 de outubro de 20:00 a 21:00 horas co seguinte programa: - 11/10/13: Charla "La diabetes se puede prevenir" coa ponente Teresa Lord Rodríguez, enfermera e educadora...

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración con La Toja Travel, organiza "Programa Termal" que consiste en circuitos de saúde e ocio no Grove e en Baiona. O "Programa Termal" diríxese a persoas maiores de 50 anos, ou menores desa idade con necesidade de respiro familiar, que se valan por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria e...

Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2013-2014. Educación infantil, primaria e E.S.O. 1.- Destinatarios/as As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ao alumnado de educación infantil. As axudas para material escolar van dirixidas ao alumnado de...

O ministerio de Educación, Cultura y Deporte ven de convocar axudas para o alumnado con necesidades educativas específicas. Normativa: Resolución do 13 de agosto de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2013-2014. (BOE nº 198 do...

Como en anos anteriores a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Rianxo, en colaboración coa Comisión de festas da Guadalupe, organiza o Día dos Maiores rianxeiros. Temos interese especial en que todos os maiores participen na comida de confraternidade que se realizará o mércores, 18 de setembro, e, que poidan participar de tódalas actividades que o Comisión de festas ten...

Servizos Sociais recolle libros de texto que despois serán prestados a nenos e nenas que os precisen. Se vostede quere doar libros de texto que xa non necesite pode acercarse ao departamento de Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12). Do mesmo xeito si quere que lle deixen algún libro pode apuntarse como demandante de libros de texto especificando o curso e os libros que precisa. A...

Excursión gratuíta para os maiores o vindeiro 24 de maio á cidade de Pontevedra. A saída é ás 09:30 facendo o percorrido polas parroquias. Ás 10:30 serán recibidos na Praza da Verdura para facer unha visita guiada no Museo Provincial de Pontevedra. A tarde será libre. Finalmente a saída de Pontevedra cara a Rianxo está prevista ás 18:30h. Poderánse inscribir en Servizos Sociais (crta de...

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, convoca para o ano 2013 estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas co fin de facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual.   Requisitos Ter fillas/os a cargo exclusivo da muller, con idades comprendidas...

A Mancomunidade Arousa Norte vai a desenvolver nos vindeiros meses a seguinte oferta formativa: A inserción laboral en Arousa Norte: A procura activa de emprego. Auxiliar de sala e cociña A contratación de persoas inmigrantes A lei de estranxeiría aplicada ao emprego    2. Xornadas de sustentabilidade dos aproveitamentos forestais: Aproveitamentos...

Resolución da xerencia do Consorcio pola que se anuncia o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das escolas infantís para o curso 2013-2014. Resolución Anexos Relación de escolas infantís e lugares de matrícula Prezos públicos      Máis información: Escola infantil de Rianxo (r/ Xosé Mª Brea Segade, 7 Urb. A Martela 15920 Rianxo)...

A Concellería de Servizos Sociais organiza o domingo de piñata, 17 de febreiro, un Baile Choqueiro que terá lugar a partir das 19:00 h no local do Clube de Xubilados e que contará coa actuación do dúo SAVOY. Sortearanse entre as persoas que acudan disfrazadas e entre os/as que participen coa elaboración de ourellas e filloas diferentes agasallos, contando coa colaboración Asociación...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 101 - 150 de 169 resultados.