Servizos Sociais

Servizos Sociais - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Resolución da xerencia do Consorcio pola que se anuncia o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das escolas infantís para o curso 2013-2014. Resolución Anexos Relación de escolas infantís e lugares de matrícula Prezos públicos      Máis información: Escola infantil de Rianxo (r/ Xosé Mª Brea Segade, 7 Urb. A Martela 15920 Rianxo)...

A Concellería de Servizos Sociais organiza o domingo de piñata, 17 de febreiro, un Baile Choqueiro que terá lugar a partir das 19:00 h no local do Clube de Xubilados e que contará coa actuación do dúo SAVOY. Sortearanse entre as persoas que acudan disfrazadas e entre os/as que participen coa elaboración de ourellas e filloas diferentes agasallos, contando coa colaboración Asociación...

O próximo martes día 5 de febreiro ás 18:00 h. terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Rianxo a presentación por parte de persoal da empresa Recursos y Servicios Gerontológicos Gallegos S.L. a presentación do servizo de Telexerontoloxía.

É un recurso de teleasistencia avanzada dirixido ás persoas maiores e/ou con pérdida funcional e/ou cognitiva, que se presta pola empresa Recursos y Servicios Gerontológicos Gallegos S.L. Entre os seus obxectivos destacan a prevención e a detección precoz da dependencia e a teleasistencia multiespecialidade, polo que se pode considerar tanto un sistema de apoio social como sanitario. Este...

Rematada a campaña de recollida de xoguetes faise unha valoración moi positiva da mesma, xa que era a primeira vez que se realizaba no noso concello e tivo moi boa acollida entre a veciñanza. Conseguíuse xuntar unha gran cantidade de xoguetes que foron repartidos entre un total de 27 nenos e nenas. Así mesmo dende a concellería de Servizos Sociais estase prestando unha especial...

O concello de Rianxo e a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Rianxo organizan para o sábado, 5 de xaneiro de 2013, o Baile da Noite de Reis e que contará coa actuación de Silvia Ferre. Día: Sábado, 5 de xaneiro de 2013 Hora: 21:00 horas Lugar: Clube de Xubilados de Rianxo (Confraría de pescadores Virxe do Carme, baixo) Cartel  

O próximo mércores, 19 de decembro, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) celebrará na Casa da Cultura do concello de Boiro este obradoiro enmarcado no Programa de Promoción da Saude 2012-2013 da Federación de COGAMI CORUÑA. Diríxese a mulleres e homes con discapacidade, podendo optar entre os seguintes horarios: - Obradoiro 1: 10:00 - 13:00 h - Obradoiro 2:...

Servizos Sociais vai a facer unha recollida de xoguetes e libros para repartir este nadal entre as familias con máis dificultades.

O proxecto XENIA ofrece un espazo de acollida e encontro para os familiares que acompañan a persoas hospitalizadas  en media/longa estancia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) así como a persoas que reciben tratamentos ambulatorios que provocan efectos secundarios agresivos e carecen de rede familiar ou social de apoio nas primeiras horas. O dito...

A Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Rianxo, abre o prazo de inscrición  para participar nas actividades do Taller de Memoria que se están a realizar nas distintas parroquias do Concello. Este Taller vai dirixido a aquelas persoas maiores de 60 anos que residan no Concello de Rianxo. Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro Lugar de inscrición: Centro de Servizos...

 O Concello de Rianxo pon en marcha a  Oficina Municipal de Voluntariado  porque é conscente de que , no noso Concello, son moitos os voluntarios e voluntarias que día a día colaboran  en diferentes entidades dando á sociedade o mellor de si mesmas dun xeito desinteresado. Inténtase promover e facilitar a participación solidaria dos cidadáns e cidadás en actuacións de...

Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos: Ter como mínimo 65 anos cumpridos. Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións. Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos. Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos...

      A Aula Ocupacional     do Concello de Rianxo abre un prazo de inscrición a todas/os as/os veciñas/os de Rianxo. O Concello pretende, a través desta Aula Ocupacional, asegurar o máis posible á participación destas persoas e erradicar, deste xeito, a discriminación que sofre este colectivo,promovendo actividades e  talleres. Dirixido a:...

 A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Rianxo, en colaboración coa Asemblea Local de Cruz Vermella de Boiro, organiza un ciclo de charlas de saúde dentro do programa "Hábitos de Vida Saudables", dirixidas a toda a poboación. As temáticas e as datas serán as seguintes: “Coida a túa espalda” (venres, 28/09/2012) “Durme ben” (venres, 05/10/2012) ...

A Carta é un instrumento de xestión de calidade do Sistema para a autonomía e atención á dependencia que promove un proceso de análise e mellora dos servizos dunha organización e un instrumento de comunicación ao cidadán dos dereitos así como dos niveis estándar e compromiso de calidade ao que se axustará a prestación de ditos servizos. A Carta identifica os servizos, os dereitos dos...

Destinatarios: Alumnado de educación infantil para a adquisición de libros de texto. Alumnado de educación primaria e educación secundaria que quedan excluídos da convocatoria autonómica de becas, Orde do 30 de maio de 2012, para adquisición de material escolar. Documentos axuntos: Convocatoria     Anexo 1. Solicitude    Anexo 2.  ...

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2012-2013. Está destinada ao seguinte alumnado: - Alumnos/as con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastornos graves de conduta, incluído o afectado por TDAH, que cumpran os requisitos xerais e económicos. -  ...

O Concello de Rianxo precisa persoas voluntarias, con idade comprendida entre 18 e 30 anos, interesadas en participar nalgún dos seguintes proxectos: Actividades de Envellecemento Activo Actividades relacionadas con colectivos en situación de risco Actividades relacionadas coa igualdade de xénero A actividade que se realice terá unha duración entre 15 e 60 días,...

O obxectivo do programa de voluntariado é o de sensibilizar e infundir nas persoas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e a vixilancia contra os incendios forestais, que as motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal. Participantes Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no...

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do Cheque infantil (DOG n.º 102, 30/05/2012) Persoas beneficiarias Poderanse beneficiar desta axuda as persoas que teñan ó seu cargo menores nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 2009 e se atopen nalgún dos...

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013, establecéndose un prazo de reclamacións de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación. As listas definitivas publicaranse o vindeiro 11 de xuño. Listaxe da escola...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 151 - 171 de 171 resultados.