Trámites en liña Trámites en liña

 

A Sede Electrónica permite aos cidadáns e cidadás efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema, recibíndose no destino de forma instantánea.
As persoas que rexistran solicitudes no concello poden solicitar ser notificados de forma telemática a través da plataforma Notific@.
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome doutras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP.
O punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite aos provedores presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática.
É o punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia.

 

Atrás

Posta en marcha da Sede Electrónica do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo pon en marcha a Sede Electrónica municipal, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.

A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.

Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o cidadán poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.

Rianxo cumpre así a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".

 

Acceso á Sede Electrónica do Concello de Rianxo no portal de sedes electrónicas municipais da Deputación da Coruña

Anterior