omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Primeiro de maio: Día da xente do mar

O vindeiro martes, primeiro de maio, terán lugar os actos do día da xente do mar.

Coma cada ano, renderáselle homenaxe ás persoas falecidas no mar cunha ofrenda floral perante a escultura do Parque de Galicia ás 11 h. A continuación, ás 11:30 celebrarase unha misa na Capela de San Bartolomeu, acompañada da actuación de Río de Anxo, e seguida dunha ofrenda marítima nas Lobeiras.

Para completar a xornada, a partir das 19:30 poderemos gozar con Río de Anxo, que ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste (en caso de chuvia, a actuación pasará ao Auditorio de Rianxo).