Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Andaina "Goza do Ulla" Concello de Rianxo

Un ano mais, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla"; a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discurre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que, cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir elementos paisaxísticos e arqueolóxicos.

A tal efecto, o concello de Rianxo ofrece unha andaina o vindeiro sábado 29 de agosto de aproximadamente 12 km (4 horas aprox), denominada " RUTA DOS CAMPIÑOS"; con saída do lugar de Rianxiño as 10:00 horas da mañá, permitirá visitar os gravados da "Foxa Vella" e a necrópole de "Os Campiños", rematando no petróglifo de "Os Mouchos" no lugar de Brión. Ao longo do roteiro poderase disfrutar das vistas á ría de Arousa, enseada de Rianxo e desembocadura do Ulla. Trátase, polo tanto, dun roteiro que mistura xoias arqueolóxicas e patrimoniais con paisaxes únicos galegos.

O roteiro é circular, polo que aproximadamente entre as 14 e as 15:00 horas voltarase ao lugar de saída.

Para participar no roteiro ou ampliala información sobre o mesmo, é preciso remitilos datos d@ interesad@ a turismo@concelloderianxo.gal ou ben chamando ao teléfonos 667 185 576 ou 981 86 66 81, tendo como data límite ate o venres 28 de agosto ás 13:00 horas.