omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

SUSPENDIDA: Goza do Ulla 2018 - As Trece Cruces

ACTUALIZACIÓN: SUSPENDIDA a actividade do Goza do Ulla: As Trece Cruces, que estaba prevista para o sábado 13 de outubro. A razón da suspensión da actividade é a previsión de meteoroloxía adversa e alta inestabilidade con aviso de risco costeiro que hai para venres e sábado, especialmente tendo en conta que parte da ruta sería pola costa e queremos garantir a seguridade das persoas participantes.

 

 

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo As Trece Cruces, dentro do programa Goza do Ulla 2018, o sábado 13 de outubro de 2018.

Trátase dun roteiro circular que transcorre por sendeiros e corredoiras das parroquias rianxeiras de Isorna e Leiro. Bordearemos o monte das Cercas, onde se atopa un castro, e percorreremos zonas próximas á desembocadura do río Ulla pola ribeira pertencente ao concello de Rianxo, que nos permitirá ollar a outra marxe, dos concellos veciños de Catoira e Vilagarcía, ademais de a illa de Cortegada e a ría de Arousa, para chegar a  un Vía Crucis marítimo-fluvial situado na Punta de Trececruces, na ladeira do Monte Palleiro e voltaremos ao punto de partida no lugar de Quintáns.

As inscricións pódense facer ata o xoves 11 de outubro, ás 12:00 h, nos teléfonos 981860808, 981866663 e 881862305, e no correo-e turismo@concelloderianxo.gal.

Data e hora de saída: sábado, 13 de outubro, ás 09:30 h

Lugar de saída: escola de Quintáns (Isorna). Coordenadas: 42.667814, -8.741037

Distancia: 11 Km

Duración aprox.: 4 horas

Dificultade: media