Turismo

Andaina Rianxo - Goza do Ulla - concelloderianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Goza do Ulla

Andaina Rianxo

 

Un ano máis, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla", a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discorre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir elementos paisaxísticos e arqueolóxicos.

Así, o Concello de Rianxo ofrece unha andaina o vindeiro sábado 2 de novembro de aproximadamente 12 km (4 horas aprox.), denominada As Trece Cruces; con saída na Escola de Quintáns, parroquia de Isorna.

Trátase dunha ruta circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Via Crucis marítimo-fluvial situado no Cabo de Trece Cruces, na ladeira do Monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola marxe pertencente ao Concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa.

Ruta circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Via Crucis marítimo-fluvial situado no Cabo de Trece Cruces, na ladeira do Monte Palleiro.

Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola marxe pertencente ao Concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa.

 

 

Escola de Quintáns. Parroquia de Isorna

42°40'04.5"N 8°44'23.5"W

 

2 NOVEMBRO 2019

667 185 576

OFICINA DE TURISMO

turismo@concelloderianxo.gal

A ruta é circular, polo que aproximadamente entre as 14:00 e as 15:00 h se volverá ao lugar de saída.

O prazo para anotarse remata o mércores 30 de outubro ás 15:00horas. Para a inscrición pode chamar aos teléfonos: 981 866 663 ou 667 185 576 ou ben a través do correo electrónico:  turismo@concelloderianxo.gal.