omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

IX Festa do Mexillón de Rianxo

A IX Festa do Mexillón de Rianxo vaise celebrar os días 4 e 5 de agosto, organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo. As xornadas adicadas ao Mytilus galloprovincialis contarán con actividades durante toda a fin de semana. Os horarios previstos da programación son os seguintes:

Sábado, 4 de agosto:

  • 17:30 a 19:30 h: actividade gratuíta de bautizo no mar con motos acuáticas
  • 19:30 h: ruada con gaiteiros
  • 20:00 h: comezo da degustación do mexillón con seis receitas e inchables gratuítos
  • 23:00 h: actuación do grupo musical Cristian Silva e a súa banda
  • 24:00 h: música con DJ Juancho

Domingo, 5 de agosto:

  • 10:30 h: alborada con gaiteiros
  • 11:30 h: comezo do Xantar Mariñeiro
  • 13:00 h: recepción de autoridades