omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Novos servizos de recollida selectiva

O mércores 6 de abril, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Rianxo  celebrouse o acto de sinatura dos convenios para a posta en marcha de dous novos servizos.

Convenio para a posta en marcha do servizo de contenerización para recollida de roupa, calzado e complementos:

O concello de Rianxo asinou con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, un convenio para a instalación de 4 contedores para a recollida de roupa, calzado e complementos ( 2 no casco da vila de Rianxo, 1 en Taragoña e 1 Asados). Asinaron o representante de Cáritas D. José Anuncio Mouriño Rañó e o alcalde de Rianxo D. Adolfo F. Muíños Sánchez.

Convenio para a posta en marcha do servizo de recollida de aceites de cociña usados:

O concello de Rianxo asinou co representante da empresa Procesadora Gallega de Alimentos S.l., D Javier Pardo, un convenio para a instalación de 7 contedores para a recollida de aceites de cociña usados nos seguintes lugares:

- 1 Taragoña

- 1 Asados

- 5 Rianxo  (Rianxiño, O Pazo, A Martela, no paseo Ribeira e en Tanxil)

A xeración de aceites vexetais usados procedentes de uso domestico, representa unha problemática en canto a súa xestión e xustifica a adopción de sistemas de recollida selectiva de amplo alcance. Istos sistemas deberan facilitar a tarefa de reciclado dos usuarios, garantir a sua correcta xestión e posterior valorización.

A recollida diferenciada dos aceites vexetais (residuos urbanos con código ler 200125, segundo a orde mam 304/2002) evitaría dúas formas de eliminación inadecuada dende o punto de vista ambiental, sexa mediante o seu verquido a rede de saneamento ou a mestura con outras fraccións de residuos como os orgánicos.

A posta en marcha dun sistema de recollida selectiva para os aceites vexetais usados de orixe domestico, é coherente coas disposicións legais e os plans e programas establecidos en materia de residuos a nivel local, autonómico e nacional.

Por todo o anterior, o concello de Rianxo decide iniciar a recollida urbana de aceites de cociña e contar para esa labor coa empresa Procesadora Gallega de Alimentos S.L.

Despois de estudar as diferentes posibilidades, decídese que o sistema a emplear sexa a colocación de contedores urbanos de exterior específicos para o aceite vexetal usado. os contedores serán de o tipo "botella dentro".