omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Presentación da Subida ao Monte da Muralla PR-G15

O Concello de Rianxo presentou a ruta de sendeirismo Subida ao Monte da Muralla coa presenza do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a tenente de alcalde e concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Local, Comercio, Turismo e Medio Ambiente, Adelina Ces, e o concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico, Xusto Xosé Ordóñez.

O enclave escollido para a presentación foi o lugar da Ermida, punto de inicio da ruta de sendeirismo. Entre os puntos de paso máis destacados atópanse: a Capela de San Xoán da Ermida; os muíños de cubo ao longo do río; o Pozo Bastón, lugar emblemático e lendario do río Té ao seu paso polo Vilar; o Pico Muralla (678 m), teito do Concello de Rianxo con vistas ás rías de Arousa, Muros e Noia, e Pontevedra; ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e tamén a Santiago de Compostela; as aldeas de Campelo, Vilar e Cerqueiras, con fantásticas vistas e conxuntos de hórreos tradicionais e cruceiros; ou o hórreo do Araño (na variante de descenso polo Araño), o de maior lonxitude e capacidade de Galicia cos seus 37'05 m.

A ruta, que discorre entre o val do río Té e as ladeiras do Pico Muralla ata o seu cumio, ten uns 14 Km e está en proceso de homologación por parte da Federación Galega de Montañismo e a Xunta. No proxecto participaron, ademais do Concello de Rianxo, a Mancomunidade Arousa Norte e a axencia Turismo de Galicia.