omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Programa "Cómete o mar" de promoción dos produtos do mar

Os Grupos de Acción Costeira de Galica, e neste caso O GAC5 (Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa www.accioncosteira.es) , en colaboración coa Xunta de Galicia, está a fomentar o uso e consumo de produtos vinculados o mar, agrupados baixo a marca MAR GALAICA.

Organizaranse unhas xornadas promovidas por toda Galicia ata finais do mes de xuño, baixo a denominaciónde "CÓMETE O MAR".

  • Menús degustación
  • Rutas de tapas
  • Obradoiros gastronómicos
  • Mercados mariñeiros
  • Actividades mariñeiras
  • Paquetes turísticos

Poden adherirse gratuitamente a este proxecto todos os establecementos das distintas zoas da Ría da Arousa que o desexen.

Os elementos promocionais que se levarán a cabo, onde constará información dos establecemento son:

  • Folletos
  • Prensa
  • Radio
  • Gabinete de comunicación propio
  • Páxina web
  • Festa promocional
  • Presenza en toda a rede  Grupo Vegalsa eroski
  • Facebook
  • Campaña Adwords e Campaña Facebook
  • Web Turgalicia
  • Mapa propio . Código BIDI
  • Acción na rúa
  • Concursos Internet.

O longo do mes de maio organizaranse na Comarca do Salnés dúas xornadas informativas, unha na zona norte e outra na zona sur, para explicar mais detalladamente a todos os inscritos este programa turístico-gastronómico.

Para poder adherirse a este programa turístico-gastronómico é necesario cubrir a solicitude de inscripción antes do día 10 de maio e adiantalo por correo electrónico.

Folleto informativo

Folla de inscrición