omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Roteiros turísticos: Asados; camiñando polo interior

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.

Continuamos coa cuarta destas rutas guiadas, que terá lugar o xoves, 23 de agosto: Asados; camiñando polo interior. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.

Partiremos da capela da Santa Lucía (Asados - Rianxo). Percorreremos a veiga do río Té pola parroquia e continuaremos para pasar a carón do pazo de Asadelos, a igrexa de Santa María de Asados ou o lugar onde viviu o poeta do mar, Manuel Antonio, entre outros lugares destas frutíferas terras. 

  • Data: xoves, 23 de agosto.
  • Hora de saída: 18:30 h.
  • Punto de encontro: capela da Santa Lucía (Asados), (42.674774, -8.797205).
  • Duración: 2 horas aprox.
  • Distancia: 7 km aprox.
  • Dificultade: fácil.

Rianxo, o mar feito tradición.