Departamento de Urbanismo Departamento de Urbanismo

Casa Consistorial
Praza Castelao, 1
15920. Rianxo.
Localizar en Google Maps

981 86 00 75

981 86 66 28

urbanismo@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

O SIOTUGA incorpora toda a normativa actual que se aplica ao territorio dos municipios galegos: planeamento, plans xerais e parciais, normas subsidiarias, estudos de detalle...

Urbanismo Urbanismo

Atrás

Exposición pública do Inventario de Camiños Municipal

O Boletín Oficial da Provincia do 3 de xuño de 2016 no 105/2016 publicou o anuncio de Aprobación Inicial do inventario de camiños municipais do Concello de Rianxo, aprobado polo pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de abril de 2016.

Este inventario expoñerase ao público durante un prazo de 30 días hábiles até o 9 de xullo, para o que se habilitará un espazo nos baixos do Cuartel Vello-Escolas da I República, en horario de 10 a 14 h, de luns a venres. Será atendido polo persoal do Servizo de Urbanismo para realizar as alegacións que se consideren oportunas para mellorar o documento.

Tamén se realizarán unha serie de charlas polas parroquias a cargo da empresa redactora PROCAT nos seguintes horarios e lugares:

  • Venres 10 de xuño Casa da República de Isorna 18 h
  • Venres 10 de xuño Centro Cultural de Leiro 20 h
  • Venres 17 de xuño Centro Cultural do Araño 18 h
  • Venres 17 de xuño Escolas Vellas de Asados 20 h
  • Xoves 23 de xuño Auditorio de Rianxo. 18.30 h
  • Martes 28 de xuño Centro Cultural de Taragoña 18.30 h

E estarán para atender tamén os da empresa PROCAT no Cuartel Vello o 10, 17, 23 de xuño e 1 de xullo entre as 10 e 14 h.

Asemade, os planos están dispoñibles en formato dixital na web do Concello de Rianxo:

 

Seguinte