Inventario de Camiños Municipal Inventario de Camiños Municipal

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAL

O Boletín Oficial da Provincia do 3 de xuño de 2016 no 105/2016 publicou o anuncio de Aprobación Inicial do inventario de camiños municipais do Concello de Rianxo, aprobado polo pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 28 de abril de 2016.

Este inventario exporase ao público durante un prazo de 30 días hábiles ata o 9 de xullo, para o que se habilitará un espazo nos baixos do Cuartel Vello-Escolas da I República, en horario de 10 a 14 h, de luns a venres. Será atendido polo persoal do Servizo de Urbanismo para realizar as alegacións que se consideren oportunas para mellorar o documento.

Tamén se realizarán unha serie de charlas polas parroquias a cargo da empresa redactora PROCAT nos seguintes horarios e lugares:

  • Venres 10 de xuño: Casa da República de Isorna, 18 h
  • Venres 10 de xuño: Centro Cultural de Leiro, 20 h
  • Venres 17 de xuño: Centro Cultural do Araño, 18 h
  • Venres 17 de xuño: Escolas Vellas de Asados, 20 h
  • Xoves 23 de xuño: Auditorio de Rianxo, 18.30 h
  • Martes 28 de xuño: Centro Cultural de Taragoña, 18.30 h

Tamén atenderá ao público o persoal da empresa PROCAT, no Cuartel Vello os días 10, 17, 23 de xuño e 1 de xullo entre as 10 e 14 h.

Sección A1

Sección A2

Sección B2

Sección A3

Sección B3

Sección A4

Sección B4