Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

Batuko Tabanka en Campo de Pazos (Taragoña)

O grupo Batuko Tabanka ofrece un concerto o vindeiro domingo 22 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos (Taragoña) grazas a colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A proposta enmarcase dentro do Verán Cultural nas Festas de Taragoña.

Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko.
O trebón percusivo medra e reflúe periodicamente, acompañando cánticos entre os que se colan risos e desafíos. De cando en vez, no medio dunha canción, unha delas sae ao centro da escena, mostrando toda a forza do movemento africano, salseando diversidade cultural desde o medio do atlántico. O bruído rebelde de Batuko Tabanka dura tempo suficiente para poñer a "pel de galiña" a quen escoite estas batukadas, coladeiras, mornas... mesturadas co salseiro cantábrico que aporta Galiza.

Seguinte