Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

FEIRA DO LIBRO: O cardume por Xarope Tulú

O venres 20 de xullo, ás 12.00 horas, a compañía Xarope Tulú chega ao Campo de Arriba co espectáculo O cardume.

A proposta está enmarcada na Feira do Libro 2018 e forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O cardume é un espectáculo para tódolos públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, convertíndose en ocasións en protagonista da mesma.

En escena, unha narradora e un músico achegánnos historias onde as personaxes traballan en conxunto para acadar os seus soños, promovendo valores como a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todxs sumamos.