Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

II Ciclo de NOVOS INTÉRPRETES no Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, xunto coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Deputación da Coruña, organiza o II Ciclo de Novos Intérpretes.

O ciclo desenvolverase dende o mes de xuño ata o de decembro. Os concertos programados son os seguintes:

  • 8 de xuño, 20.30 h: Olalla Rodríguez Gómez (violonchello) con Brais González Pérez (piano).
  • 22 de xuño, 20.30 h: Martín Castro Tubío (saxofón) coa formación Psaiko Quarter.
  • 19 de outubro, 20.30 h: Félix Rodríguez Ramos (bombardino) con Jorge Briones Martínez (piano), e Aitana Alcalde Ares (fagot) con Antón Alcalde Rodríguez (piano).
  • 16 de novembro, 20.30 h: Pablo Sobradelo Rivas (trompa) con Pablo Rodríguez Fernández (piano)
  • 14 de decembro, 20.30 h: María Varela Abuín (clarinete) con Alicia González Permuy (piano) e co cuarteto de cordas Arven.