Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Campionato de España de Voleibol Infantil Masculino

Rianxo vai ser unha das sedes, xunto co resto de Concellos de Arousa Norte, do Campionato de España de Voleibol na categoría infantil masculina. A competición, que xunta aos mellores equipos da canteira nacional, celébrase do mércores 16 ao domingo 27 entre A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira e contará con tres equipos galegos, Emevé, Santa María del Mar e Jealsa Boiro.


O Pavillón Municipal de Rianxo acollerá partidos do mércores ao sábado, en horario de mañá e de tarde. As finais disputaranse o domingo no Pavillón da Cachada (Boiro).


O evento, organizado polas Federacións Galega e Española de Voleibol, coa colaboración de Arousa Norte, o Club Boiro Voleibol e os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira,  reunirá a 23 equipos, preto de 300 rapaces participantes que vivirán unha experiencia inesquecible disfrutando da súa gran paixón, o voleibol.