Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

CURSO CAFD DE SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas

Rianxo vai ser sede dun Curso CAFD Socorrismo en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo.

O curso ten unha duración de 535 horas formativas, cada un, repartidas como segue: 100 h. formativas, 160 h. prácticas a realizar nun centro de libre elección e 240 convalidaríanse coa realización dunha proba de acceso.

Preténdese achegar esta formación a Rianxo e facela mais accesible ás persoas do ámbito da actividade física e o deporte, co obxecto de que complemente a súa súa formación e adquiran capacitación para traballar como socorrista en espazos acuáticos naturais e/ou piscinas.

Requisitos de inscrición:

  • Estar en posesión do título de Graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte  ou do de Técnico/a Superior en Actividades Físico-Deportivas.
  • Superar a proba de acceso ao curso.

Período de matriculación:

  • 24 de abril ao 15 de maio

Prezo do curso

  • 35 € para a realización da proba de acceso.
  • Unha vez superada a proba de acceso, 360 €

Lugar de realización

  • A proba de acceso será o 18 de maio na Piscina Municipal de Rianxo (horario por confirmar).
  • A parte teórica será nunha aula do Concello de Rianxo.

Datas

  • 19 de maio a 14 de xuño

Horarios

  • xoves, de 8:30 a 16:30 h.
  • venres, de 8:30 a 16:30 h.
  • sábados, de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h.
  • domingos, de 10 a 14 h.

Información e matrícula.

  • Federación Galega de Salvamento e Socorrismo
  • 981977120
  • fessga@fessga.es

Texto completo da convocatoria, co detalle da proba a superar, documentación a presentar...