Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Curso RCP e desfibrilación semiautomática

O Concello de Rianxo presentou o ciclo de cursos de RCP e desfibrilación semiautomática dirixido ao persoal municipal e que se van a desenvolver os meses de maio e xuño. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Eduardo Ces, o Técnico en Emerxencias sanitarias que impartirá os cursos.

Adolfo Muíños explicou que esta formación está vinculada á adquisición por parte do Concello de Rianxo de 5 desfibriladores cos que se dotou ás principais instalacións deportivas municipais (2 campos de fútbol e 2 pavillóns municipais – a piscina xa conta con el-) e á Casa do Concello. No 2018, os 6 membros do Servizo de Deportes e 18 persoas de distintas entidades deportivas recibiron a formación.

Nesta segunda fase abriuse o curso ao resto do persoal municipal e a resposta foi moi positiva xa que 35 persoas de diversas áreas municipais van recibir formación en reanimación cardiopulmonar (RCP). O Alcalde destacou a resposta positiva do persoal municipal, concienciado da importancia da prevención, xa que son as primeiras persoas que poden e deben actuar ata a chegada de los servizos de emerxencia.

O investimento total, formación incluída, anda arredor dos 15.000 € e non se descarta a instalación de novos D.E.S.A. noutras instalacións municipais. Ao remate dos cursos terán formación en RCP e manexo dos D.E.S.A. 55 persoas.

Dotouse tamén, mediante unha subvención da Deputación, de dous D.E.S.A. á Ágrupación de voluntarios de Protección Civil de Rianxo, o que os dota de novos recursos para as súas intervencións. Álvaro Villareal e María Victoria Calvo, membros de P. Civil estiveron tamén na presentación.

Eduardo Ces explicou os contidos do curso que vai recibir o persoal municipal, que inclúe nocións básicas de primeiros auxilios, de RCP e de manexo dos D.E.S.A.