NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Obradoiro de xogos tradicionais

A rapazada participante no Campamento urbano e deportivo de Rianxo vén de participar dunha xornada lúdica a través dos xogos tradicionais, da man de Miudiño Soc. Coop. Galega e promovida polo Servizo de Normalización Lingüística.

A recuperación do patrimonio lúdico tradicional é unha ferramenta moi útil para conseguir espazos de socialización e recuperación da nosa lingua, nos que agroman os nomes tradicionais, esquecidos pola maioría dos nenos e das nenas, e tamén diferentes xeitos de xogar e de aproveitar os elementos que a natureza nos regala: paus, carozos, cocas das árbores, cortizas, etc.

Xogos de mesa coma a toupa, o quebracabezas, pai fillo nai ou o solitario; de habilidade e puntería coma o burro, a chave de madeira, a pesca de peixes ou o fungagatos; de desprazamento e equilibrio coma o andacamiños, o pedal ou os zancos de tronco; e todo tipo de vehículos, bonecas e cabaliños feitos de madeira, la ou tea.

 

As posibilidades que nos ofrecen os xogos tradicionais son moitas e diversas, e é unha boa maneira de axudalos a desenvolver a imaxinación, a destreza e as habilidades manuais e sociais.

 

Seguinte