Xuventude Xuventude

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 / 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público

  • Luns: 08:00 a 15:00
  • Martes, mércores e xoves:
    • 11:30 a 14:30
    • 16:30 a 20:00
  • Vernes: 08:00 a 15:00

Ligazóns de interese Ligazóns de interese

xuventude.net
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude Xuventude

Atrás

Galeuropa: programa de mobilidade galego

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde do 20 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país, agás España, e se procede a súa convocatoria. 
 
Este programa está destinado as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións,ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
    • Título de Técnico/a ou Técnico/a Superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
    • Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a) ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
  • Que esta titulación sexa dos cinco últimos anos e estea acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia.
  • Coñecer a lingua do país de destino elixido na solicitude.
 
A duración das prácticas son  8 semanas consecutivas, e debera desenvolverse dende o día seguinte a publicación do listado de persoas beneficiarias ata o 30 de outubro de 2014. Os países de realización das prácticas será calquera país estranxeiro.
 
As solicitudes presentaránse  a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vía electrónica ou por rexistro, e o prazo de inscrición: comeza o sábado 1 de marzo e remata o venres 28 de marzo de 2014.
 
A contía da axuda dependerá do país onde se realicen as prácticas, variando dende 1.400 ata 2.400 euros. Os gastos subvencionables son os gastos de manutención, aloxamento e materiais de primeira necesidade: farmacéuticos, de hixiene persoal e da vivenda; gastos de viaxe e transporte; gastos derivados de operacións bancarias necesarias para o pagamento das facturas; seguros médicos ou de responsabilidade civil cando sexan imprescindibles e gastos da entidade intermediaria para a busca de empresa cando se faga uso dela.
 

Información do DOG