Xuventude Xuventude

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 / 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:
    Luns: 08:00 a 15:00
    Martes, mércores e xoves:
        11:30 a 14:30
        16:30 a 20:00
    Vernes: 08:00 a 15:00

Ligazóns de interese Ligazóns de interese

xuventude.net
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude Xuventude

Atrás

Probas de acceso a ciclos formativos

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional

O prazo de inscrición será dende o 31 de marzo ao 11 de abril de 2014. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 4 de xuño..

Poderán inscribirse nás probas de acceso quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e teña cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional

Prazo comprendido entre os días 10 e 21 de marzo de 2014. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 7 de maio de 2014.

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.