Xuventude

Xuventude - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

          Luns a venres: 08:00 a 14:00
 

 

Ligazóns de interese

xuventude.net
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Aínda hai prazas! polo que podedes facer a vosa inscrición. O Servizo de Xuventude, por medio do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidaridade, vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 13 a 17 anos (nados do 2006 ao 2002). O campamento ten como finalidade a creación dunha curtametraxe. A mocidade participante realizará...

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento Urbano e Deportivo 2019. Desenvolverase no Pazo de Rianxiño, dende o 3 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, de 10:30 a 13:30h. Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2007 ata o ano 2015, cun total de 200 prazas. Como novidade, haberá servizo de autobús e o Plan Madruga, que se desenvolverá dende ás 08:30 ás 10:30 horas. O...

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2018-2019. Poderán solicitar axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e estudos universitarios. Os prazos de...

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o...

A Xunta de Galicia vén de convocar o programa Acción de Verán 2018, con campamentos, campos de traballo e actividades para a mocidade neste verán 2018. Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de 9 a 17 anos, e poderanse solicitar ata o 18 de maio. Para os campos de traballo e as actividades, dirixidos á mocidade a partir de 16 anos, xa está aberto o prazo de inscrición. Podes...

Apertura do prazo de inscrición nos cursos de Linguaxe de Signos A2 e Ofimática pertencentes ao plan de formación do Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo. Se desexas inscribirte podes facelo no seguinte enlace Máis información naseguinte ligazón ou se prefires tamén podes pasarte polo Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo.  

O Servizo de Xuventude vai desenvolver un amplo e variado programa de formación dirixido á poboación rianxeira maior de 16 anos. Este programa inclúe 9 accións formativas que abranguen distintos ámbitos, como: idiomas, informática, tempo libre, docencia,... Inscricións Informática para emprender Datas: do 15 ao 29 de decembro, de luns a venres Horario: de 09:30 a 13:30 horas Lugar: Aula...

A Fundación Paideia Galiza, xunto co Servizo de Xuventude, imos realizar un seminario informativo sobre "Proxectos de Xuventude e Mobilidade", no que se informara sobre os programas de prácticas formativas en Europa "La Ida" e  sobre o programa de voluntariado en Europa "Servizo de Voluntariado Europeo". Estes programas están dirixidos a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. O seminario...

No marco do Plan de Garantía Xuvenil, o vindeiro xoves 19 de novembro, vai ter lugar no Auditorio de Rianxo unha charla informativa, na que se presentarán as características do programa e se explicara o proceso de inscrición. O Plan de Garantía Xuvenil está encamiñado a proporcionar oportunidades de formación e emprego para a mocidade de 16 a 29 anos. Garantía...

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que cursen en centros españois estudos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2016-2017. Poderán solicitar axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares e para estudiar na...

O vindeiro 27 de novembro desenvolveremos o obradoiro "Emprendendo dende a rede", impartido pola Rede de Dinamizadores Xuvenís da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Xuventude. Con este obradoiro pretendese facer un achegamento as posibilidades que ofrece a rede á hora de poñer en marcha unha actividade profesional. O temario é: Emprendemento dende os blogs: presentación de...

  A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos da matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao. A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a...

Maña mércores 30 de xullo estará instalada na Praza Castelao a carpa Xplora Xuventude, na que se difundirán os recursos e programas existentes dirixidos á mocidade e se facilitará asesoramento por parte de técnicos especializados, en temáticas tan importantes como o emprego, a formación, a saúde, vivenda, ... Esta instalación estará ubicada entre as 11,00 e as 14,00 horas na Praza Castelao,...

Hoxe ponse en marcha o Plan de Garantía Xuvenil, unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 25 anos ao mercado de traballo. A máxima a consenguir mediante este programa é que os mozos e mozas menores de 25 anos e maiores de 16 anos, poidan recibir unha oferta de empleo, de educación ou formación despois de finalizar os seus estudos o quedar...

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2014, un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. As áreas de participación son: Campamentos de verán, para mozos e mozas de 9 a 17 anos. Actividades para a mocidade de  18 a...

A Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2014. Os destinatarios son o alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral na Comunidade Autónoma Galega de ESO e Bacharelato. Os requisitos son non ter concedida outra...

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional O prazo de inscrición será dende o 31 de marzo ao 11 de abril de 2014. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou...

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde do 20 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país, agás España, e se procede a súa convocatoria.  ...

Vense de convocar o procedemento para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Este procedemento permite avaliar e acreditar as competencias adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non...

A Concellería de Emprego e Xuventude convoca o curso de Iniciación ao alemán II, que se celebrará dende o vindeiro 30 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2014, de luns a venres, en horario de 11:00 a 13:30 horas, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O curso terá unha duración de 40 horas e un prezo de 20 euros. O prazo de inscrición comezará o mércores 22 de xaneiro ás 12:00 horas e...

Modificanse as datas de realización do curso de Inglés Medio 1, pasando a celebrarse nas seguintes:  25, 27, 28 e 29 de novembro e 2, 4, 9, 11, 13, 16, 18, 20 e 23 de decembro (luns, mércores e venres). ​O prazo de inscrición será das 12:00 horas do vindeiro martes 12 de novembro ata as 24:00 horas do martes 19 de novembro. As inscrición realizaránse nesta mesma páxina web, no...

Europa está ao teu alcance. Podes descubrila como voluntario, como asociado, como estudante en prácticas ou como emprendedor. Infórmate das axudas e dos recursos que a Unión Europea e a Xunta de Galicia teñen dispoñible para a mocidade e escolle a que máis se axuste a ti. Neste obradoiro "Móvete por Europa" farase un achegamento a aqueles programas, recursos e axudas que os mozos e mozas...

Xa está aberto o prazo de inscrición no curso "Contidos Multimedia e Web 2.0", podedes consultar toda a información e realizar as inscricións no seguinte enlace: Contidos multimedia e web 2.0 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/2014 na universidades do Sistema universitario de Galicia. As modalidades destas becas son axuda de matrícula e contía fixa de 600 €. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o vindeiro 27 de...

A Xunta de Galicia e o Valedor do Pobo veñen de publicar o tebeo "Os perigos de Internet", documento "para ler en familia" co que se pretende concienciar aos máis novos no uso responsable das novas tecnoloxías. Como ben se recolle no prólogo do tebeo, "Por moitas bondades e potencialidades que nos ofreza, Internet e todas as aplicacións derivadas da Rede, agocha riscos e perigos que de non...

Xa está aberto o prazo de inscrición para "Naturianxo: xogos e obradoiros sobre medioambiente" Máis información: Naturianxo - Información

O programa Naturianxo: xogos e obradoiros sobre medio ambiente está dirixido a nenos e nenas de 4 a 11 anos (nados dende o 2002 ao 2009). Nestes obradoiros traballarán o respecto ao medio ambiente e a importancia da reutilización e a reciclaxe dun xeito lúdico e educativo. Desenvolverase de luns a venres, entre o xoves 22 de agosto e o 5 de setembro, en horario de 11:00 a 13:30. As...

O domingo 7 de xullo, ás 21:00 horas, no Campo de Arriba, dará comezo o IX Ciclo de Banda "Concello de Rianxo", co concerto da Banda de Música de Solfa. O ciclo completaráse cos seguintes concertos: Sábado 20 de xullo: Banda de Música de Vilagarcía de Arousa Domingo 18 de agosto: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis Venres 23 de agosto: Banda da Escola de Música de...

A Escola de Música de Rianxo celebra este fin de semana os festivais Fin de Curso 2013: Venres 5 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Sábado 6 de xullo, ás 21:00 horas, no Campo de Arriba. Cartel Informativo

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.  Os requisitos para poder obter está axuda son: Ter entre 18 e 30 anos Residir en Galicia Ser titular do...

No apartado Novas de interese do Servizo de Información Xuvenil poderedes atopar información sobre: Axudas para sacar o carné de conducir, dirixidas á mocidade Acreditación de competencias profesionais Axudas para a formación práctica en centro de traballo Recompilación de bolsas de formación e mobilidade ... entre moitas outras Tamén podedes consultar a Revista Semanal que...

Maña, mércores 15 de maio, ás 12:00 horas, abriráse o prazo para inscribirse no curso "Intervención na Atención Sociosanitaria en institucións sociais":   Intervención na atención sociosanitaria en institucións sociais: Prazo inscrición: 15 maio, ás 12:00 h!!! Dirixido a: persoas maiores de 16 anos Datas: do 3 ao 20 de xuño Horario: de 09:00 a 14:00 horas Lugar: Aula de...

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informa que as probas de Bacharelato para maiores de 20 anos terán lugar no mes de abril de 2013. As datas de inscrición son do 18 ao 28 de febreiro, e a data do exame o 26 de abril.  A inscrición e as probas realizaranse nos seguintes centros: Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña. Tel: 981 278 035 IES San Clemente,...

O Servizo de Información e Animación Xuvenil oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos. Os cursos son: ¡PRAZO REMATADO! Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo.Terá unha duración de 42 horas, durante as cales se utilizara unha metodoloxía práctica, basada nos diálogos,...

 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro, dirixidas a mozos e mozas de 18 a 30 anos. Os paises de acollida serán Alemaña, República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda, e os sectores son hostalería, turismo, comercio, servizos á comuniade (atención á terceira idade e discapacidade) e administración. As...

O vindeiro xoves 6 de setembro, ás 16:30 horas, no Auditorio de Rianxo levarase a cabo o obradoiro "Mediación xuvenil para a participación", sobre a constitución e xestión dunha asociación. O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 12 a 35 anos, aínda que poderan participar todas aquelas persoas interesadas no tema, ata cubrir prazas. Os temas a traballar son: Introducción ó...

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas de carácter xeral para o alumnado que, no curso académico 2012-2013 curse algún dos seguintes estudos con validez en todo o territorio nacional: Primeiro e segundo cursos de Bacharelato. Formación Profesional de grao medio e de grao superior. Ensino artístico profesional. Ensino deportivo. Estudos de idiomas...

A Consellería de Traballo e Benestar abre hoxe o prazo de inscrición para que os mozos e mozas galegas, de entre 18 e 30 anos, podan acudir ás actividades programadas en Braga, a cidade lusa elixida este ano como a Capital Europea da Xuventude. Para elo, a Dirección Xeral de Xuventude oferta un total de 90 prazas distribuídas en tres fins de semana diferentes, unha iniciativa que inclúe...

O vindeiro luns 2 de xuño ás 13:00 horas remata o prazo ordinario para formalizar a matrícula nos ciclos formativos. Infórmate  sobre o procedemento de solicitude e sobre oferta formativa de FP para o vindeiro curso 2012- 2013. Abriráse un prazo extraordinario dende o 3 ao 12 de setembro.

¿Queres sacar o permiso de condución clase B? Se tes entre 18 e 30 anos, levas desempregado/a máis de 6 meses, poderás obter esta axuda de 200 euros da Consellería de Traballo e Benestar. O prazo remata o vindeiro 1 de setembro de 2012. Máis información: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Rianxo. Orde no DOG  

No taboleiro novas do Servizo de Información e Animación Xuvenil podedes atopar información sobre as axudas para sacar o permiso de conducir clase B e sobre axudas para cursos de idiomas destinadas ao alumnado universitario. Non esquezades consultar a Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil.

— Resultados por páxina
Mostrando 41 resultados.