Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao
Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao Ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo da Asociación Fogo Fatuo. Sábado 1 febreiro, 12.00 h. Busto de Castelao (Paseo da Ribeira)
Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo
Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia), Marcos Calveiro (Editorial Galaxia) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo. Programación no marco dos Actos Castelao 2025....
Presentación do libro "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)"
Presentación de "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)”, a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA), Valentín García Gómez (Secretario Xeral da Lingua) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Programación no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Venres 24 xaneiro, 20.30 h Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1º andar)
Sobes ao autobús do teatro? Nada se sabe
Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego O Concello de Rianxo participa novamente no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, coa proposta para asistir á obra "Nada se sabe", espectáculo pioneiro arredor da inclusión. Catro intérpretes con diversidade funcional cuestionan sobre o escenario a visión que a sociedade ten sobre a diferenza a partir dun texto orixinal de Manuel Lourenzo, e baixo a dirección de Ignacio...
TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións
TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico. Cando: Sábado 25 xaneiro, 20:30 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Todos os públicos. Proposta ao...
MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto
MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Cando: Sábado 18, 20:30 Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por...
EXPOSICIÓN: OS HOMES, por Castelao, na colección de Roberto Taboada
EXPOSICIÓN: OS HOMES, por Castelao, na colección de Roberto Taboada. Exposición de gravado organizada en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Onde: Sala de Exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo Cando: do 17 de xaneiro ao 8 de febreiro Horario: Mañás de luns a venres de 10:30 a 14:45. Tardes de xoves, venres e sábados de 18:00 a 20:00 horas. Domingos e...
Actos Castelao 2025 - Ano Castelao
O Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear a figura do ilustre rianxeiro. Este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, en conmemoración do 75º aniversario do seu falecemento. XANEIRO 2025 Venres 17, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións. EXPOSICIÓN: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á...
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
Concerto Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo
Concerto Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo, organizado pola Escola de Música de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Venres 27 de decembro, ás 20.30h. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas dende 1 hora antes.
XIX Mostra de Corais de Arousa e Ulla
XIX Mostra de Corais de Arousa e Ulla. Participan Coral Abrente de Pobra do Caramiñal, Coral Cantigas do Castro de Bañón e Coral Abraira de Asados - Rianxo. Presentado por Tamara García. Organiza Coral Abraiara e Centro Cultural "Simón Varela" de Asados, coa colaboración Concello de Rianxo e patrocinio da Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Sábado 21 de decembro, ás 19.30h.
Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo
Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo, organizado pola Escola de Música de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo, coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia. O alumnado da Escola de Música de Rianxo exhibirá os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo deste curso a través desta serie de concertos: Sesión 1 - Venres 20, ás 20.00 h: aula de piano, aula de canto, coro infantil, aula de saxofón. Sesión 2 - Sábado 21, ás 11.30 h:...
Festival de Nadal de Fogo Fatuo
Festival de Nadal Fogo Fatuo, organizado pola Asociación Fogo Fatuo Rianxo, e coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Sábado 28 de decembro, ás 20.00h. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas dende ás 19.30 h.
Festival de Nadal Vai de Roda
Festival de Nadal Vai de Roda, organizado pola Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda, e coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Sábado 14 de decembro, ás 17.30h. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas, dende 1 hora antes.
Exposición: Castelao, o retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa (fotografías)
Exposición: Castelao, o retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa (fotografías) No Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo, do venres 13 de decembro ao 10 de xaneiro, no horario de apertura do auditorio Inauguración Conversatorio con Xan Carballa (autor das fotografías), Enrique Acuña (comisario da exposición), Xosé Bravo (alcalde de Rianxo no 1984), Miguel Anxo Seixas (investigador e Presidente da Fundación Castelao) e Julián Bustelo (alcalde de...