A acción municipal no deporte - Concello de Rianxo
Profundizando nas liñas de actuación municipais no deporte atopamos que abrangue multitude de ámbitos (saúde, formación, rendemento deportivo, recreación...); segmentos de poboación (infancia, mocidade, persoas adultas, 3ª idade...); espazos (pavillóns, pistas polideportivas, centros escolares...) e de relacións e colaboracións con distintos axentes sociais (clubs deportivos, ANPAS, entidades culturais e deportivas, administración...).
Neste apartado preténdese resumir a acción do Servizo de Deportes presentando os distintos programas que se desenvolven ao longo do ano.
Apoio ás entidades deportivas
Programa Deporte Base
Programa de axudas nado en 2005 dirixido á contratación de persoal técnico, por parte das entidades deportivas, co fin de mellorar a calidade da formación deportiva nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
No 2023, o Concello achegou 39.025 € para o desenvolvemento deste programa, no que participan preto de 400 rapaces e rapazas do C.D. Unión, C. Piragüismo, CCD Taragoña, C. de Remo Rianxo, C. Voleibol Rianxo, C. Xadrez Rianxo, Club Baloncesto Rianxo e Club Tríatlon Rianxo.
Programa de subvencións para actividade deportiva xeral
Programa de axudas ás entidades deportivas para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.
No 2023 concedéronse subvencións por importe de 44.310 € para un total de 14 entidades deportivas.
Eventos deportivos
O Servizo de Deportes participa activamente coas entidades deportivas na organización de eventos deportivos. Exemplos desta colaboración son:
- Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo",
- Regata de Kayak de mar "Concello de Rianxo"
- Marcha BTT "Concello de Rianxo"
- Carreira Popular "Concello de Rianxo"
- Slalom "Concello de Rianxo"
- Tríatlon "Concello de Rianxo"
- Andaina Solidaria "ASANOG"
- ...
Outras colaboracións
Asemade, o concello colabora coas entidades:
- Coa cesión gratuíta das instalacións deportivas municipais.
- No mantemento, reparación e construción de instalacións deportivas de entidades.
- No investimento en material e equipamento deportivo.
- Co asesoramento en materia deportiva e cedendo medios administrativos.