Actualidade

Actualidade - Concello de Rianxo

Actualidade

A Asociación A Moreniña organiza as Festas da Guadalupe 2024, do 13 ao 20 de setembro. O Concello de Rianxo colabora nas celebracións, que inclúen varios actos institucionais, como o Día de Padrón, o Día das Persoas Maiores ou a Procesión Marítima. O programa completo está dispoñible na web específica das Festas da Guadalupe, https://festasdaguadalupe.gal/ ​​​​​​​  

Se tes pensado facer unha fogueira na noite de San Xoán, xa podes solicitar a autorización necesaria. Deberás presentar na Policía Local unha declaración responsable debidamente cuberta. Poderás recoller o modelo na propia oficina da Policía Local ou descargalo aquí. O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño ás 9:00 h

O pasado martes día 31 de outubro, clausurouse o Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño, coa presenza do xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pedro Pablo Lorenzo Díaz e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín. Este obradoiro formou a 15 persoas nos certificados de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) e Actividades auxiliares na...

A Asociación A Moreniña, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza as festas da Guadalupe 2023, que este ano conmemoran os 250 anos da chegada da imaxe da virxe de Guadalupe, a Moreniña, a Rianxo. O programa das festas pódese consultar no sitio web https://festasdaguadalupe.gal/ e seguir aa ctualidade nas redes sociais Facebook (https://www.facebook.com/guadaluperianxo/ ) e Instagram...

Ás 9:00 da mañá foi á hora en que o xoves 17 estaban convocadas todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa do Obradoiro de Emprego que se está a desenvolver dende o Concello de Rianxo co obxectivo de mellorar a saúde ambiental deste espazo tan concorrido e  próximo á vila para así promover a conciencia dos veciños e visitantes sobre as consecuencias do lixo mariño. As 18...

O vindeiro día 17 de agosto, xoves, o Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño ten previsto realizar unha saída para recollida de lixo dende a Praia da Torre e camiño da Senda Litoral ata o Porto de Taragoña. O horario será das 9:00h ata as 12:00h e o punto de partida será o inicio da Praia da Torre. Esta actividade está aberta a todo aquel que queira colaborar.

O pasado día 4 de xullo o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, acompañado de membros do equipo docente e de apoio, realizaron unha visita didáctica ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Entre as actividades previstas respecto ao Certificado de Profesionalidade AGAO0208 “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”, que se está impartindo nestes...

O Concello de Rianxo vén de asinar coa empresa CONSTRUCCIONES ANSPAL, SL a execución do proxecto de construción dun ascensor para o Centro Cultural de Taragoña e outras melloras no edificio. O proxecto forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Este proxecto conta cun Orzamento total de execución por contrata de 98.343,17 € e mellora a...

O día 25 de maio o Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou os traballos de adecentamento da Senda Litoral de Taragoña. Actuarase principalmente nos lugares da Posta e do Porto. Estes traballos consisten en roza de maleza e saneamento das especies existentes a conservar a modo de rareas e podas. Aconséllase que se evite pasear pola zona en horario de traballo, pero se o fan que...

Tras a cesión por parte do Concello de Rianxo dunha parcela de equipamento municipal á Xunta de Galicia e a licenza de obras ao proxecto de Medio Rural no Parque Empresarial de Rianxo deron comezo as actuacións previstas. Estas están contidas no Proxecto Básico e de Execución de Base Integrada de Unidades Operativas (BUO) de Rianxo no que é a primeira base operativa na comarca. As máquinas...

O Concello de Rianxo homenaxea, como é habitual o primeiro de maio, á xente do mar, cunha ofrenda floral ante o monumento ás persoas falecidas no mar do Parque de Galicia e unha ofrenda floral marítima.

A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo deu na xuntanza extraordinaria celebrada o martes 11 de abril deu vía libre á solicitude presentada pola Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia, na que se solicitaba licenza municipal para as obras contidas no Proxecto Básico e de Execución de Base Integrada de Unidades Operativas (BUO) de Rianxo. Este proxecto que se vai desenvolver...

O Pleno Ordinario do último xoves de marzo do Concello de Rianxo recolleu a aprobación por unanimidade de importantes documentos referidos ao persoal municipal. Así, viron luz verde do pleno o Convenio Colectivo para o persoal laboral, o Acordo Regulador para o persoal funcionario, e dous Regulamentos: o de Teletraballo e o de Segunda Actividade. O Comité de Empresa e a representante do...

A Deputación da Coruña impulsa un plan piloto para crear unha rede de residencias públicas para maiores de ámbito comarcal. Serán residencias de pequeno tamaño e máis proximidade, con capacidade para unhas 50 persoas, "coas que pretendemos mellorar o benestar e evitar o desarraigo e a soidade non desexada dos maiores", que moitas veces vense na obriga de ir a residencias moi lonxe do seu fogar,...

O Concello de Rianxo está a acometer unha fase máis do cambio do peche perimetral do Colexio Brea Segade de Taragoña. Neste caso adoptou un modelo novo de peche, con formigón que permite un repintado multicolor como neste caso. A solución á vez que segura para o alumnado dá un aspecto alegre e renovado a todo o frontal precisamente pola gama de cores empregada. Nestes momentos esta fase está...

A brigada de obras do Concello de Rianxo vén de realizar estes días a primeira posta a puntos dos areais municipais tras os temporais do inverno. Como vén sendo tradicional, esta actuación realízase antes da Semana Santa para que a veciñanza acceda a estes espazos. Procúrase na limpeza separar tamén os residuos plásticos dos orgánicos. Tanxil, Quenxo, A Torre, O Pazo, Porto de Taragoña e As...

O Concello de Rianxo pretende crear unha Comunidade Enerxética Local desde os edificios municipais do pavillón, piscina e vivendas dos mestres. As comunidades enerxéticas son proxectos colectivos en que o Concello, xunto a persoas físicas e outras entidades se asocian para xestionar a propia enerxía. Teñen como obxectivo fomentar a xeración renovable permitindo a participación directa das...

O alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, coa intención ampliar e completar a súa formación, visitou as instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ambas situadas en Pontevedra. A Estación Fitopatolóxica Areeiro ten un alto prestixio no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre...

O pasado mes de xaneiro o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou a parte práctica da súa formación. Composto por 15 persoas de diversas idades, o obradoiro imparte o certificado de profesionalidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) Os traballos desenvólvense no recinto do Pazo de Rianxiño e consisten no adecentamento da súa...

O domingo 19 e o luns 20 de febreiro, de 12 a 15 e de 18 a 21 h, degustación gratuíta de produtos do mar galego na Praza Castelao.

Queres falar cos Reis Magos? O Concello de Rianxo e a ARE tráenche a posibilidade de que os Reis Magos te chamen por vídeoconferencia. Reserva a túa cita en nadalrianxo.com e elixe unha data e hora para recibires a chamada.

Rianxo celebrará a súa semana grande das Festas da Guadalupe do 9 ao 16 de setembro. Esta edición virará en torno á conmemoración dos 75 anos da composición de "Ondiñas da nosa ría", máis coñecida como "A Rianxeira". Ligazón ao sitio web das festas da Guadalupe​​​​​​​

O 6 e 7 de agosto a festa do Mexillón de Rianxo acada a súa décimo primeira edición, da man da Asociación gastronómica e Cultural da festa do mexillón de Rianxo e o Clube de Remo Rianxo.

O vindeiro sábado 30 de xullo volve o Festival Antrospinos ao Campo Maneiro con actividades en Taragoña durante toda a xornada. Toda a información nas redes sociais da Asociación Festival Antrospinos

Do 23 ao 25 de xullo, a Festa da Xouba de Rianxo porá en valor este produto rianxeiro coa creación da Marca de Calidade Xouba de Rianxo-pesca Artesanal-arte do Xeito, ademais dunha serie de actividades de showcookin​​​​​​​g​​​​​​​ e a degustación popular. As actividades do Verán Cultural completará as xornadas festivas.  

A Asociación Cultural A Carballeira da Baña organiza as Festas do Araño do 5 ao 7 de agosto.

Do 14 ao 17 de xullo, a Comisión de Festas Virxe do Carme de Rianxo organiza o RianClown, IV Festival Cómico de Rúa, a cargo da compañía Charlatana, en varios espazos da vila.

Festas do carme de Rianxo, do 14 ao 17 de xullo de 2022.

A Asociación " Moreniña" organiza unha charla-obradoro sobre o traxe tradicional de Rianxo enfocado na época do Feirón Mariñeiro. As persoas interesadas poden inscribirse directamente na asociación.

O Concello de Rianxo é beneficiario da liña de subvencións do Programa de axudas ao sector das orquestras e as verbenas do Plan de Emprego Local que a Deputación da Coruña pon en marcha para axudar ao sector das verbenas. O Concello tramitará esta axuda mediante unha subvención nominativa á Asociación A Moreniña coa fin de que esta entidade, organizadora das Festas da Guadalupe de Rianxo,...

Actos polo Primeiro de maio en Rianxo, día da xente do mar.

O Concello de Rianxo apoia a Campaña do DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO que este ano 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a gozar dunha vida feliz.

A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, desenvolverá un acto de participación e reflexión sobre a estrada AC305 ao seu paso por Taragoña. Ambas as entidades buscan mellorar a seguridade e recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza. O acto aberto ao público -ata completar aforo (50 persoas) -, terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro no...

O 13 e o 14 de agosto terá lugar o Festival Rock in Rian, que nesta ocasión deixa de coincidir coas Festas da Guadalupe e estará marcado polas restricións derivadas da pandemia da COVID-19.

Ante a escaseza de xouba, a exaltación deste ano 2021 farase a través de dous showcookings de 2 cociñeiros profesionais. Hoxe, día 24, e mañá día 25, na canle de Youtube do Concello e nas redes sociais, publicaranse os vídeos gravados para a ocasión. https://www.youtube.com/c/ConcellodeRianxoTV/ ​​​​​​​

Esta semana deu comezo o Campamento de Verán Rianxo 2021, que conta con 140 participantes que, desta vez, se realiza de maneira descentralizada nas instalacións Pazo de Rianxiño, CEP Brea Segade de Taragoña e CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. A duración do campamento é de dous meses, do 5 de xullo ao 27 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contan ademais cun servizo de Plan Madruga para...

Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido, na sede que ten na cidade de Tralee, no condado de Kerry. Por cuarto ano consecutivo, aínda que non foi doado, o instituto rianxeiro segue apostando pola internacionalización...

​​​​    • En virtude deste convenio, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. En tempos de COVID-19, a veciñanza de Rianxo poderá visitar o museo de xeito gratuíto.     • Anxo Angueira: “Esta nova crise supuxo un duro revés. Grazas a estes apoios estamos resistindo e afrontamos o futuro...

A Associaçom José Afonso – Galiza  apresentou a programaçom “Abril em Dezembro” que desenvolverá durante o mês de dezembro, com um concerto e com umha exposiçom sobre o Zeca Afonso. O concerto, que se celebrará no Paço de Rianjinho ou no Auditório municipal de Rianjo en funçom das condiçons meteorológicas, contará com a interpretaçom de temas do repertório de José Afonso por parte dos...

A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal , coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo. A plataforma incluirá a calquera comercio con sede fiscal no municipio de Rianxo que o solicite. As persoas clientes que visitan o portal poden mercar nas distintas tendas e solicitar o envío ao propio...

A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño. PROGRAMA: 10.45 - Apertura 11.00 – “Conversa con Eclíptica Orbita, ‘Maruxa dos Rosales’ ” 12.10 – Descanso 12.30 – Obradoiro “Mulleres que contan. Obradoiro de recolla e posta en valor da música de tradición oral”, Xulia Feixoo 13.45 – Xantar 16.00 –...

O 20, 21 e 22 de novembro, o + que tapas recunca en Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Durante a fin de semana, pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR. Ademais de escoller a tapa gañadora, partiparás no sorteo dun lote de produtos por cada concello participante que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas...

Rianxo cociña o mar é unha publicación que recolle, da man de hostaleiros locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais. A guía de receitas está dispoñible para a súa descarga en formato PDF. Rianxo cociña o mar   ​​​​​​​  

O domingo 29 de novembro terá lugar ás 19 h no Auditorio de Rianxo a Gala Youtubeir@s ​​​​​​​Rianxeir@s, coa presenza das veciñas e veciños que participaron no proxecto.

Do venres 11 ao domingo 13 de outubro, Festas do Carme en Leiro.

O xoves 19 de setembro Rianxo retrocede un século no tempo no XVI Feirón Mariñeiro: artesanía, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa, rematados pola Noite Folc  coas agrupacións Lumieira, Os Melidaos e Tiruleque. Toda a xornada no casco vello da vila.

Rianxo inicia a súa semana grande das Festas da Guadalupe, organizadas pola Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo "A Moreniña", do 13 ao 20 de setembro. Toda a programación dos festexos está dispoñible no sitio web festasdaguadalupe.gal

O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro. Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita. É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079. Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.

O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo. Finalmente a carpa estará situada no Campo de Arriba de Rianxo.  

A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e  poñer en valor un oficio tradicional desempeñado  maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes,...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 95 resultados.