Actualidade

- Asinados os primeiros contratos para a execución das obras dos proxectos do PAS da Deputación en Rianxo - Concello de Rianxo

Actualidade

Asinados os primeiros contratos para a execución das obras dos proxectos do PAS da Deputación en Rianxo

O Alcalde de Rianxo e os delegados da empresa NOSA e OÑIAL asinaron no salón de plenos do Concello de Rianxo o contrato de adxudicación de diferentes obras por importe de 276.995 euros.

Un primeiro proxecto adxudicado á empresa NOSA contempla a pavimentación de varias rúas e viais no casco urbano de Rianxo entre os que están unha primeira actuación na Estrada de Tanxil, desde o Auditorio ao cemiterio municipal, a práctica totalildade da Urbanización A Martela e a saída de Rianxo correspondente á rúa Arcos Moldes. Tamén contempla o asfaltado en quente do vial principal de acceso a Buía desde a estrada xeral. (PAS 2016). O importe da adxudicación foi de 206.997,65 euros.

As actuacións a levar a cabo para a reparación das pistas existente consisten en:

  • Limpeza e apertura de cunetas
  • Formación de sobreanchos onde proceda.
  • Limpeza e bacheo previo da superficie existente.
  • Pavimentación con aglomerado en quente.
  • Pinturas para marcas viais

Unha segunda contratación pechada coa empresa OÑIAL é a remodelación de áreas recreativas e pistas polideportivas descubertas. Entre outras contémplase a nova área de xogos de Asados na Santa Lucía, a reposición da Vacariza e melloras nas áreas deportivas descobertas de Isorna, Marquesa, e Campo Maneiro. O importe destas actuacións vai a 69.998 euros. (PAS 2016) e comezarán polo parque de Santa Lucía en Asados.

As obras comezarán nos vindeiros días e teñen un prazo de execución de tres e dous meses respectivamente.

Adxudicarase tamén nos vindeiros días tras a celebración da mesa de negociación un segundo paquete de obras para a mellora de pistas con vinte e cinco actuacións noutros tantos viais das parroquias de Rianxo cun importe inicial de 149.511 euros. (PAI 2015)

Comezaron tamén os traballos preparatorios das mesas de contratación que rexeran as actuacións de saneamento en Outeiro do Barral en Asados e Outeiro-A Casilla en Taragoña e Araño correspondente ao POS.