Actualidade

- Clausura do Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño - Concello de Rianxo

Actualidade

Clausura do Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño

O pasado martes día 31 de outubro, clausurouse o Obradoiro dual de emprego Pazo de Rianxiño, coa presenza do xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pedro Pablo Lorenzo Díaz e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín.

Este obradoiro formou a 15 persoas nos certificados de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) e Actividades auxiliares na conservación e mellora de montes (AGAR0309).

A parte práctica dos certificados desenvolveuse maioritariamente no Pazo de Rianxiño, onde se realizaron labores de deseño e implantación de novos espazos axardinados coas premisas de baixo mantemento e mellora das condicións de accesibilidade. Igualmente na Senda Litoral de Taragoña realizáronse traballos de roza e clareo, mellorando as condicións do tránsito dos sendeiristas.