Actualidade

- Concentración en apoio da Folga Internacional de Mulleres - Concello de Rianxo

Actualidade

Concentración en apoio da Folga Internacional de Mulleres

O pleno da corporación de Rianxo aprobou, na súa última sesión de febreiro, o apoio á Folga que con motivo do Día Internacional da Muller se celebrará en todo o mundo. Nese senso, para dar cumprimento aos acordos da moción aprobada, o Concello de Rianxo fai un chamamento a secundar o paro convocado, en xeral a toda a veciñanza e, moi especialmente, ás mulleres traballadoras.

Queda moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución económica de todas as mulleres no mundo e no noso país. Así, nesta xornada de reivindicación, chamamos a manter unha activa participación no paro convocado. O espírito que anima a mobilización é amosar que nos pasaría nos centros de traballo, nas tarefas cotiás, nos consumos, nos coidados... sen as mulleres!

Por isto facemos un chamamento nesta xornada a apoiar este paro convocado e acudir, en conxunto, á concentración que realizaremos, con este motivo, diante do concello, que contará coa presenza de diferentes colectivos femininos de Rianxo.

Acudide á praza de Castelao, este 8 de marzo ás 12.30 h, para demostrar que SE AS MULLERES PARAN, O MUNDO PARA.