A xunta de portavoces do Concello de Rianxo decretou tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12:00 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en repulsa do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.