Actualidade

- Guía para a organización de festas e verbenas populares - Concello de Rianxo

Actualidade

Guía para a organización de festas e verbenas populares

O Concello de Rianxo pon á disposición das entidades locais e da veciñanza unha guía coas instrucións e documentación necesaria para a organización de festas e verbenas populares consonte a nova  Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo.

As comisións de festas e endidades organizadoras deben presentar, sempre que non se sobrepasen as previsións de aforo e outras condicións contempladas na norma, unha declaración responsable na que asumen varios compromisos, cun prazo de 15 días anterior á celebración. A presentación desta declaración é suficiente para exercer a actividade e non é require a emisión dunha licenza ou autorización expresa.

As empresas instaladoras dos escenarios, instalacións eléctricas, lanzamento de fogos, atraccións e carpas deben, asemade, presentar cadansúa declaración responsable e a documentación que as normas da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia contempla para cada tipo de instalación e actividade.

Guía para a organización de festas e verbenas populares